Geli Raubal
Angela Maria "Geli" Raubal, nada en Linz o 4 de xuño de 1908 e finada en Múnic o 18 de setembro de 1931, foi unha sobriña de Adolf Hitler célebre pola estreita relación afectiva que mantivo con este, que rematou co seu aparente suicidio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Angela Maria Raubal 4 de xuño de 1908 Linz (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 18 de setembro de 1931 (23 anos) Múnic, Alemaña |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena, Gruppe 23E, Reihe 2, Nummer 73 |
Educación | Universidade de Múnic |
Familia | |
Parella | Adolf Hitler (–valor descoñecido) Emil Maurice (–1927) |
Nai | Angela Hitler |
Irmáns | Leo Raubal Jr. |
Parentes | William Patrick Hitler, curmán entregue Heinz Hitler, curmán entregue Alois Hitler, avó materno Johann Georg Hiedler, bisavó Maria Schicklgruber, bisavó |
Traxectoria
editarOs seus pais eran Angela Raubal (filla do segundo matrimonio do pai de Hitler con Franziska Matzelsberger) e Leo Raubal (inspector da facenda). Geli era o familiar con quen mellor se entendía Hitler. Geli quedou orfa de pai en 1910 e a familia conseguiu saír adiante grazas á axuda da irmá do seu pai, Maria Raubal. En 1915 Geli trasladouse a Peilstein ao coidado da súa tía, mentres a súa nai buscaba traballo en Viena, cidade á que tamén se trasladou Geli en 1917, e permaneceu alí ata 1921 cando de novo volveu a Linz.
En 1927 trasladouse a Múnic para estudar medicina e afondou na relación amorosa que mantiña con Emile Maurice, chofer de Hitler, dende 1926. A relación contou coa oposición de Hitler e acabou arrefriando. En 1929 deixou a pensión na que residía dende 1927 e pasou a vivir na residencia do seu tío. O 18 de setembro de 1931 Geli apareceu morta por un disparo no pulmón, e o forense ditaminou suicidio. Non se sabe a causa do seu suicidio, había rumores que Geli e Hitler eran amantes, algo que nunca se puido probar. Outros rumores apuntan a que foi Hitler quen a matou, pero o día da morte Hitler estaba fóra da cidade nun mitin do Partido Nazi. Outras fontes afirman que Geli suicidouse por celos de Eva Braun.
Algunhas fontes afirman que Hitler se fixo vexetariano por causa da morte de Geli en 1931, pero o certo é que xa dende 1924 poucas veces comía carne. Consérvanse espidos de Geli asinados por Hitler, pero non hai certeza de que sexan auténticos.