Gene Kranz

director de voo da NASA e enxeñeiro aeronáutico

Eugene Francis "Gene" Kranz, nado o 17 de agosto de 1933 en Toledo, Ohio, é un enxeñeiro aeroespacial Estados Unidos que traballou para a NASA.[1][2][3]

Modelo:BiografíaGene Kranz

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Toledo (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Saint Louis
Parks College of Engineering, Aviation and Technology (en) Traducir
Central Catholic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, Enxeñeiro de aviación Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorNASA Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Gene Cranz graduouse en enxeñería aeronáutica na Universidade de Saint Louis en 1954. Entrou como tenente segundo na reserva da Forza Aérea dos Estados Unidos, completando o seu adestramento como piloto na Base Lackland da Forza Aérea en Texas en 1955. Pouco despois de recibir as súas ás casou con Marta Cadena, de orixe mexicano. Kranz participou na Guerra de Corea, despois do cal deixou a Forza Aérea para traballar para a McDonnell Aircraft Corporation e máis tarde para a NASA, onde traballo de 1960 a 1964 para a sección de Operacións de Control de voo, desenvolvendo as reglas a usar polos directores de voo durante as misións espaciais tripuladas. Foi director de voo no programa Gemini, entre 1964 e 1968, mentres que entre 1969 e 1973 foi xefe da División de Control de Voo, director de voo dos programas Apollo e Skylab. Kranz foi director de voo durante a misión Apollo 11 e tamén durante a Apollo 13. Despois da finalización do programa Skylab foi ascendido a director adxunto de Operacións de Voo e en 1983a director de Operacións de Misión. En 1994 retirouse da NASA.[1][2][3]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Kranz, Eugene Francis "Gene"" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (2023). "Gene Kranz A Blast from The Past" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2023. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 NASA (ed.). "Eugene F. KRANZ" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1