Gennadi Strekalov
cosmonauta soviético e ruso
Gennadi Mikhailovich Strekalov, nado en Mitishchi (preto de Moscova) o 28 de outubro de 1940 e finado o 25 de decembro de 2004, foi un cosmonauta soviético e ruso que formou parte das misións Soiuz T-3, Soiuz T-8, Soiuz T-11, Soiuz TM-10, Soiuz TM-21, Soiuz T-10, Soiuz T-10-1 e STS-71.[1][2]
Traxectoria
editarStrekalov graduouse enxeñeiro na Escola Técnica Superior N. E. Bauman de Moscova en 1965. Traballou como enxeñeiro en RSC Energia desde a súa graduación. Comezou o seu adestramento como cosmonauta en xaneiro de 1974, participando nas misións Soiuz T-3, Soiuz T-8, Soiuz T-11, Soiuz TM-10, Soiuz TM-21, Soiuz T-10, Soiuz T-10-1 e STS-71 e pasando un total de 268,94 días no espazo. Faleceu o 25 de decembro de 2004.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Strekalov, Gennadi Mikhailovich" (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (9 de setembro de 2021). "Gennady Strekalov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gennadi Strekalov |