George Lucas

produtor de cinema estadounidense

George Walton Lucas, Jr., nado o 14 de maio de 1944 en Modesto (California), é o creador do exitoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasArts, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.

Modelo:BiografíaGeorge Lucas

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Walton Lucas Jr. Editar o valor en Wikidata
14 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Modesto, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCondado de Marin Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California - Produción de cinema (1967–1967)
Thomas Downey High School (en) Traducir
USC School of Cinematic Arts (en) Traducir
Downey High School (en) Traducir
Modesto Junior College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, escritor de ciencia ficción, escritor, actor de cinema, empresario, produtor delegado, realizador, actor, director de fotografía, director de cinema, guionista, coleccionista de arte, montador, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCinema fantástico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLester Novros (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado5.000 M$ (10 de agosto de 2017) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMellody Hobson (2013–)
Marcia Lucas (1969–1983) Editar o valor en Wikidata
FillosAmanda Lucas
Katie Lucas Editar o valor en Wikidata
ParentesKatie Lucas, filla adoptiva
Amanda Lucas, filla adoptiva Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000184 Allocine: 4924 Rottentomatoes: celebrity/george_lucas Allmovie: p100308 58957 Metacritic: person/george-lucas TV.com: people/george-lucas
BNE: XX985182 Musicbrainz: af3a8618-3362-4b82-9183-031f06221b86 Discogs: 555 WikiTree: Lucas-3152 Editar o valor en Wikidata
George Lucas na gala do 2006 do Time 100.

Traxectoria

editar

Lucas dirixiu a súa primeira obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Francis Ford Coppola como produtor executivo. O filme estaba baseado nunha curtametraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfilm Ltd, en San Rafael (California).

En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xoves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nomeamentos aos Oscars.

Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu A guerra das galaxias (posteriormente rebautizada como Star Wars Episode IV: A New Hope), un filme que bateu tódolos récords de venda de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de O imperio contraataca (Episodio V) e O retorno do Jedi (Episodio VI), das cales tamén foi produtor executivo. En 1980 escribiu e produciu Na busca da arca perdida, dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-produto e creador da historia de Indiana Jones e o templo maldito, estreada en 1984, nomeada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.

O último proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". Star Wars: Episode I - The Phantom Menace, da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saíu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, Star Wars: Episode II - Attack of the Clones, tamén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.

Filmografía

editar

George Lucas en persoa apareceu na súa última película, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, interpretando un personaxe extra chamado Baron Papanoida.


 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
iOS 4
os 39
todo 1