George Newnes
político británico
George Newnes, nado en Matlock (Derbyshire) o 13 de marzo de 1851 e finado o 9 de xuño de 1910, foi un editor británico.
Traxectoria
editarO seu pai, Thomas M. Newnes, era pastor da Igrexa congregacionalista. Estudou na Silcoates School e, máis tarde, no Shireland Hall de Warwickshire e mais na City of London School.
A día de hoxe é lembrado como fundador da The Strand Magazine, iniciada en 1891, na que entre outros autores Arthur Conan Doyle publicou a súa serie de misterio Sherlock Holmes. Fundou tamén outras publicacións, por exemplo The Westminster Gazette (1873), Tit-Bits (1881), The Wide World Magazine (1888) ou Country Life (1897).
Newnes foi membro do Parlamento Británico, representando a circunscrición de Newmarket (1885-1895).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Jackson, Kate. George Newnes and the New Journalism in Britain, 1880-19l0. ISBN 978-0-7546-0317-7 (en inglés).
Ligazóns externas
editar- Historia de The Strand MagazineArquivado 19 de xaneiro de 2001 en Wayback Machine. (en inglés).