Georges Brassens
Georges Brassens, nado en Sète o 22 de outubro de 1921 e finado en Saint-Gély-du-Fesc, preto de Montpellier, o 29 de outubro de 1981, foi un poeta e cantautor francés.
(1966) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Georges Charles Brassens 22 de outubro de 1921 Sète, Francia |
Morte | 29 de outubro de 1981 (60 anos) Saint-Gély-du-Fesc, Francia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Sete (Le Py) Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor |
Período de actividade | 1951 - 1981 |
Xénero artístico | Chanson |
Instrumento | Guitarra, voz e piano |
Selo discográfico | Philips |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarAcadou a fama mercede ás melodías das súas cancións, sinxelas e elegantes, e ás súas letras, variadas e elaboradas. Está considerado un dos mellores poetas franceses da posguerra, así foi que conta co premio nacional de poesía, que recibiu en 1967. Puxo música a poemas de moitos outros escritores, como Louis Aragon, Victor Hugo ou Jean Richepin. Entre os anos 1952 e 1976 gravou 14 álbums.
Non acostumaba actuar fóra do seu país. Porén, foi versionado en castelán por Paco Ibáñez, que cantou varias das súas cancións, traducidas por Pierre Pascal. Unha das máis coñecidas desta serie foi La mala reputación (La mauvaise réputation), que tamén versionou o cantante de rock Loquillo[Cómpre referencia].
Tamén foi traducido ó castelán por Agustín García Calvo, Javier Krahe, Joaquín Carbonell e polo cantautor chileno Eduardo Peralta, que ten un disco completo dedicado a Brassens.
En catalán foi versioneado nos 60 por Josep Maria Espinàs, e posteriormente polo cantautor Miquel Pujadó.
Filmografía
editar- Porte des Lilas, de René Clair (1957)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Georges Brassens |