Georges Jacques Danton

Georges Jacques Danton, nado en Arcis-sur-Aube o 26 de outubro de 1759 e guillotinado en París o 5 de abril de 1794, foi un avogado e político francés que desempeñou un papel determinante durante a Revolución Francesa, cun talante rexeitado por diversos sectores.

Modelo:BiografíaGeorges Jacques Danton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1759 Editar o valor en Wikidata
Arcis-sur-Aube, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1794 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière des Errancis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
24º President of the National Convention (en) Traducir
25 de xullo de 1793 – 8 de agosto de 1793
← André Jeanbon Saint-André (pt) TraducirMarie-Jean Hérault de Séchelles (pt) Traducir →
Deputy to the National Convention (en) Traducir
6 de setembro de 1792 – 26 de outubro de 1795
Member of parliament for the Seine (en) Traducir
Ministro da Justiça (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, revolucionario, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoClube dos Cordeliers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
5 de maio de 1789Revolución Francesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntoinette Gabrielle Danton
Louise Sébastienne Danton Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дантон Жорж Жак)
Enciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: c67be840-380c-4342-ae88-8ba43f630045 WikiTree: Danton-18 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Estatua de Georges-Jacques Danton en Tarbes.

O pai de Danton faleceu cando el tiña 3 anos de idade, deixando viúva a súa nai e orfos os seis fillos do matrimonio. Comezou os estudos nun pequeno seminario de Troyes, e proseguiu a súa formación escolar nos oratorios de Troyes, a pesar de que rexeitou os estudos dunha carreira eclesiástica. Proseguiu, durante seis meses, cos estudos de Dereito na facultade de Reims, tras os cales obtivo a súa licenciatura. Aínda que inscrito nun despacho de avogados de París, non o frecuentou coa mesma asiduidade coa que visitou os cafés, o que lle serviu para coñecer varios futuros revolucionarios, entre eles Camille Desmoulins e Marat, así como a que foi a súa esposa, Antoinette-Gabrielle Charpentier (1760-1793). Antoinette era filla dun próspero propietario dun café, e o seu dote permitiulle a Danton comprar o cargo de avogado no Consello do Rei en 1787. O matrimonio celebrouse o 14 de xuño de 1787. Tiveron catro fillos dos que sobreviviron dous: Antoine e François Georges Danton e ela morreu dando a luz ao cuarto, que tamén faleceu no parto.

Cando comezou a Revolución Francesa en 1789, introduciuse na política con entusiasmo. Os seus discursos a miúdo eran intensos, pero adoitaba actuar con cautela. Republicano moderado fundou, en 1790, xunto con Marat, Desmoulins e outros, a «Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán», coñecida como o Club dos Cordeliers. Elixido presidente dos Cordeliers foi gañando popularidade. Segundo un biógrafo, "a altura de Danton era colosal, o seu aspecto atlético, os seus trazos fortemente marcados, brutáns e desagradables, a súa voz sacudía as cúpulas dos corredores",[1] a pesar do seu físico pouco agraciado e do seu cínico discurso, Danton posuía un carisma e unha oratoria tan brillantes que conseguía simpatizar con todos.

Membro da Comuna, dirixiu a axitación republicana que conduciu aos fusilamentos dos manifestantes no Campo de Marte o 17 de xullo de 1791. Tras un curto exilio en Gran Bretaña,[2] regresou a París en novembro de 1791 e participou na Insurrección do 10 de agosto de 1792. A Asemblea Lexislativa nomeouno Ministro de Xustiza.

Como ministro do goberno provisional, inspirou e esixiu audacia, o valor que salvaría a Francia revolucionaria dos seus inimigos. Foi elixido membro da Convención Nacional, na que recibiu inmediatamente os ataques dos deputados moderados, coñecidos como xirondinos, que o consideraban un radical e un rival perigoso. Danton tentou conciliarse cos seus opoñentes, pero os seus esforzos foron rexeitados. Este conflito resolveuse coa caída dos xirondinos en xuño de 1793. Mentres tanto, prestou os seus servizos no Comité de Salvación Pública, o órgano executivo da República Francesa, pero fracasou estrepitosamente no seu intento de pór fin á guerra entre Francia e as monarquías europeas a través de canles diplomáticas. Finalmente, o seu aliado, Maximilien de Robespierre, emerxeu como figura central do Comité.

En novembro de 1792 foi enviado pola Convención a Bélxica polo que non estivo presente na vista do xuízo contra Lois XVI, pero ao ditarse a sentenza en xaneiro de 1793, votou a favor da execución, a pesar de que anteriormente propuxera o desterrovotou pola morte do rei apoiando así a Robespierre. Defendeu a anexión de Bélxica á república e a creación dun comité de salvación pública do cal foi membro preponderante.

En marzo de 1793 participou na creación do Tribunal Revolucionario e en abril entrou no Comité de Salvación Pública, órgano executivo da primeira República Francesa.

O 5 de setembro foi elixido deputado de París e deixou o ministerio —conservando, no entanto, a súa grande influencia nos asuntos diplomáticos—, para exercer este cargo na Convención Nacional, onde entrou en oposición con Robespierre, non tanto polas súas conviccións, que as tiñan en común, senón pola forma. Danton tentou pacificar o país e chegar a un entendemento entre xirondinos e xacobinos, opúñase á continuidade do Terror, apoiando o grupo denominado dos «indulxentes»; defendeu as reivindicacións dos sans-culottes, desaconsellou a execución de María Antonieta e creou o «exército revolucionario». A ruptura entre os «dantonistas» e os xacobinos consumouse a últimos do ano 1793, período no que Robespierre tentou manter o equilibrio político do seu goberno enfrontándose aos máis radicais, así como aos máis moderados. Os xacobinos acusaron a Danton de malversación de fondos e de venderse aos monárquicos, e viuse comprometido, xunto ao seu amigo e deputado Fabre d'Églantine, no escándalo da liquidación da Compañía das Indias. Por mor de todo iso, Danton viuse en perigo e fuxiu, refuxiándose en Arcis-sur-Aube.

O 30 de marzo de 1794, quince días despois da execución dos «hebertistas», Danton, Desmoulins e Fabre son arrestados segundo a denuncia levada a cabo por Saint-Just.[3]

Foi condenado á morte e guillotinado o 5 de abril de 1794.

No cinema

editar
Ano Filme Director Actor
1983 Danton Andrzej Wajda Gérard Depardieu
1989 La Révolution française Roberto Enrico
Richard T. Heffron
Klaus Maria Brandauer
  1. Griffiths, R. (1814). The Monthly Review. 
  2. Andress, David. The Terror: The Merciless War for Freedom in Revolutionary France (Nova York: Farrar, Straus and Giroux, 2005), p. 51.
  3. [1] Danton en Encyclopedie Larousse (en francés).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • François Furet and Mona Ozouf (eds.), A Critical Dictionary of the French Revolution. Cambridge, MA: Belknap Press of Harvard University Press, 1989; pp. 213–223.
  • Laurence Gronlund, Ça Ira! or Danton in the French Revolution. Boston: Lee and Shepard, 1887.
  • Norman Hampson, Danton. Nova York: Holmes & Meier Publishers, 1978.
  • David Lawday, Danton: The Giant of the French Revolution. Londres: Jonathan Cape, 2009.
  • Marisa Linton, Choosing Terror: Virtue, Friendship and Authenticity in the French Revolution (Oxford University Press, 2013).
  NODES
HOME 1
iOS 3
mac 1
multimedia 1
os 93
todo 3