Georgi Grechko
cosmonauta soviético
Georgi Mikhailovich Grechko, nado en Leningrado (actual San Petersburgo) o 25 de maio de 1931, é un cosmonauta retirado que formou parte das misións Soiuz 17, Soiuz 26, Soiuz T-14, Soiuz 27 e Soiuz T-13.[1]
Traxectoria
editarGrechko ten un doutoramento en ciencias físicas e matemáticas. É enxeñeiro civil e traballou para a OKB 1 de Koroliov. Participou como cosmonauta nas misións Soiuz 17, Soiuz 26, Soiuz T-14, Soiuz 27 e Soiuz T-13, pasando un total de 134,86 días no espazo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Grechko, Georgi Mikhailovich" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgi Grechko |