Gerd Binnig
físico alemán
Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main o 20 de xullo de 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.
Nome orixinal | (de) Gerd Binnig |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Gerd Karl Binnig 20 de xullo de 1947 (77 anos) Frankfurt (Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha) |
Educación | Universidade de Múnic Universidade de Frankfurt |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico |
Empregador | IBM (1978–) Universidade de Múnic |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarAo dez anos decidiu ser físico. A súa familia repartíase entre Frankfurt am Main e Offenbach, polo que asistiu a escolas de ambas as dúas cidades. En 1978 aceptou unha oferta de IBM para traballar con eles en Zürich. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1986, e seguiu a traballar no Laboratorio de Investigación de IBM en Zürich.
Vida persoal
editarEn 1969 casou coa psicóloga Lore Wagler, con quen ten unha filla nada en Suíza e un fillo en California.