Gertrude Ederle
Gertrude Caroline Ederle, nada en Nova York o 23 de outubro de 1905 e finada en Wyckoff o 30 de novembro de 2003, foi unha nadadora estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gertrude Caroline Ederle 23 de outubro de 1905 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de novembro de 2003 (98 anos) Wyckoff, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Altura | 1,53 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Natación e natação de águas abertas (pt) |
Ocupación | nadadora, open water swimmer (en) |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | natación |
Participou en | |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 (medalla de ouro olímpica, Medalla de bronce olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – women's 400 metre freestyle (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – women's 100 metre freestyle (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1924 | swimming at the 1924 Summer Olympics – women's 4 × 100 metre freestyle relay (en) (medalla de ouro olímpica) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Great Women Athletes of the 20th Century (en) |
En 1926 foi a primeira muller que atravesou o Canal da Mancha a nado.
Traxectoria
editarGertrude Ederle naceu en Nova York en 1905, filla de inmigrantes procedentes de Alemaña.[1] Inicialmente non mostrou propensión a nadar:[1] foi á piscina por primeira vez aos nove anos e non tivo adestramento formal ata os quince.[1] Con todo, a pesar da falta de preparación, aos dezasete anos xa tiña resultados notables, como varias marcas nacionais e mundiais en distancias que oscilaban entre as 50 iardas e a media milla, a realización de sete récords nun só día en 1922 e a clasificación para os Xogos Olímpicos.
Nos Xogos de París de 1924 gañou a medalla de ouro co relevo 4 100 m estilo libre estadounidense, ademais de dúas medallas de bronce individuais nos 100 e nos 400 m.
En 1925 nadou 34 km a través da baía de Nova York, dende Manhattan ata Sandy Hook, en 7 horas e 11 minutos, establecendo o novo récord absoluto (masculino e feminino). Tamén tentou cruzar a canle da Mancha ese ano, mais tivo que ser descualificada por ser axudada por un dos adestradores durante un ataque de tose.
Gertrude Ederle quixo intentalo de novo o ano seguinte. O 6 de agosto de 1926, saíu de Cap Gris-Nez, Francia, ás 7:05 horas e chegou nadando a Kingsdown, Inglaterra, despois de 14 horas e 34 minutos,[1] un rexistro que baixou o récord anterior en máis de dúas horas, ata entón en mans do arxentino Enrique Tiraboschi.[2] Era a primeira vez que unha muller nadaba pola canle inglesa. Despois outras mulleres lograron a proeza, mais o seu tempo permaneceu como récord durante 24 anos, ata que en 1950 foi mellorado por Florence Chadwick (a décimo terceira muller que cruzou a canle).
Ao regresar a casa, a fazaña de Gertrude Ederle celebrouse cun desfile en Nova York o 27 de agosto de 1926 e foi recibida polo presidente Calvin Coolidge . En 1927 interpretouse a ela mesma no filme Swim Girl, Swim.[3]
En 1933 unha caída das escaleiras provocoulle feridas graves e tardou anos en recuperarse. Porén, en 1939, conseguiu actuar na Exposición Universal de Nova York. Nos anos 40, Ederle, que padecía problemas auditivos causados polo xarampón dende a infancia, quedou completamente xorda. Retirada da escena pública, dedicouse a ensinar a nadar a nenos xordos.
En 1965 foi incluída no International Swimming Hall of Fame (Salón da Fama da Natación Internacional).
Faleceu o 30 de novembro de 2003, aos 98 anos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Aug 6, 1926: Gertrude Ederle becomes first woman to swim English Channel". This Day in History (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2012.
- ↑ Bruschi, Paolo (6 de agosto de 2016). "Col pregiudizio non si gioca. Storie di donne olimpiche". Il Manifesto. Consultado o 2 de agosto de 2019.
- ↑ Swim Girl, Swim na IMDb (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gertrude Ederle |
Bibliografía
editar- Dahlberg, Tim. (2009). America's girl : the incredible story of how swimmer Gertrude Ederle changed the nation. Ward, Mary Ederle., Greene, Brenda. (1st ed.). Nova York: St. Martin's Press. ISBN 978-0-312-38265-0. OCLC 269455470.
- Mortimer, Gavin. (2008). The great swim (1st U.S. ed.). New York: Walker & Co. ISBN 978-0-8027-1595-1. OCLC 166378101.
- Stout, Glenn, 1958- (2009). Young woman and the sea : how Trudy Ederle conquered the English Channel and inspired the world. Boston: Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-618-85868-2. OCLC 288377749.
- Morris, Bonnie (2016). Women's Sports History: a Heritage of Mixed Messages. National Women's History Museum.