Giordano Bruno

astrónomo, filósofo, religioso e poeta italiano

Giordano Bruno, coñecido tamén por Nolano ou Bruno de Nola, nado en Nola (provincia de Nápoles) en 1548 e asasinado en Roma o 17 de febreiro de 1600, foi un filósofo italiano.

Modelo:BiografíaGiordano Bruno

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Giordano Bruno
(la) Iordanus Brunus Nolanus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Filippo Bruno Editar o valor en Wikidata
xaneiro de 1548 ↔ febreiro de 1548 Editar o valor en Wikidata
Nola (Reino de Nápoles) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1600 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, morte na fogueira Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II (1562–1565) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e cosmoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Lutherstadt Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario (1583–), Sacerdote católico de rito romano (1572–), astrólogo, matemático, escritor, filósofo, poeta, astrónomo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París (1581–1583)
Universidade de Toulouse (pt) Traducir (1578–1581)
San Domenico Maggiore (en) Traducir (1565–1576)
Universidade de Oxford
Universidade de Helmstedt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoHumanismo renacentista, Neoplatonismo e neopitagorismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJean Hennequin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioIl Nolano Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porHerexía (1600)
→ (morte na fogueira) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Index Librorum Prohibitorum Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1154866 Musicbrainz: 7aaf809c-3e88-450b-929c-977be9e74c00 IMSLP: Category:Bruno,_Giordano Find a Grave: 8066021 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Giordano Bruno ingresou no convento dominico de Nápoles en 1566 onde se doutorou en teoloxía. Dominico como Tomé de Aquino, era fillo de Xoán Bruno, un militar italiano e Flaulisa Savolino. Sempre contestador, non tarda en atraer contra si mesmo opinións contrarias e persecucións. En 1576 abandona o hábito ao ser acusado de herexía por dubidar da Santísima Trindade.

Defensor do humanismo, corrente filosófica do Renacemento (cuxo principal representante é Erasmo), Bruno defendía o infinito cósmico e unha nova visión do home. Aínda que a filosofía da súa época estivese baseada nos clásicos antigos, de entre os cales principalmente Aristóteles, Bruno teorizou vehementemente contra eles. A súa forma e contido son moi semellantes aos de Platón, escribindo na forma de diálogos e coa mesma visión.

Nómade por natureza e modo de vida, Bruno baseou a súa filosofía apoiado nas súas intuicións e vivencias fóra do común. Non era un científico, nin valoraba a matemática, mais era un visionario, considerado místico por moitos.

Un dos puntos claves da súa teoría é a cosmoloxía, segundo a cal o universo sería infinito, poboado por milleiros de sistemas solares, e interligado con outros planetas contendo vida intelixente. Para esta perspectiva bebeu na fonte de Nicolau da Cusa, Copérnico e tamén de Giovanni della Porta.

Deus sería a forza creadora perfecta que forma o mundo e que sería inmanente a el. Bruno acepta os poderes humanos extraordinarios de Deus, mais enfrontouse abertamente á Igrexa católica ridiculizando os milagres de Cristo e outros tantos dogmas católicos, tales como a virxindade de María.

O nobre veneciano chamado Giovanni Mocenigo, atopou a Bruno en Frankfurt en 1590 e convidouno a Venecia, baixo o pretexto de ensinar a mnemotécnica, a arte de desenvolver a memoria, en que Bruno era perito. Como Mocenigo quería usar as artes da memoria con fins comerciais, segundo algúns ou para prexudicar os seus concorrentes e inimigos conforme outros, pechou a Bruno nun cuarto e chamou os axentes da Inquisición para que o levasen preso, acusándoo de herexía. Bruno foi preso no San Castello no día 26 de maio de 1592.

Por estas opinións quentes e perigosas para a época, Giordano Bruno foi condenado pola inquisición, pasando os seus últimos oito anos sufrindo torturas e malos tratos de todos os tipos. No último interrogatorio non se retracta, mostra forza e coraxe. Por non abxurar, é condenado á morte na fogueira, mais antes de morrer afronta aínda máis unha vez aos seus inquisidores. Dise que cuspiu no crucifixo dos que o mataron. No entanto algúns consideran que non o fixo, e que este relato é para tentar denegrir máis a súa imaxe.

Ao ser anunciada a sentenza, de que sería executado piamente, sen profusión de sangue (que en verdade significaba a morte na fogueira) dixo: "Teme máis a Forza en pronunciar a sentenza do que eu en escoitala" Significando que a Forza - a Igrexa Católica sabería do crime contra a humanidade que estaría cometendo creando un mártir do pensamento. Anos despois, ante unha situación análoga, Galileo Galilei apenas susurrou "e pur si muove (aínda con todo iso, móvese...)" ao negar o heliocentrismo: Galileo, xa vello, tivo en conta o caso de Bruno e preservouse para poder continuar as súas investigacións.

  • De umbris idearum (1582)
  • Cantus Circaeus (1582)
  • De compendiosa architectura (1582)
  • Candelaio (1582)
  • Ars reminicendi (1583)
  • Explicatio triginta sigillorum (1583)
  • Sigillus sigillorum (1583)
  • La Cena de le Ceneri (1584)
  • De la causa, principio, et Uno(1584)
  • De l'infinito universo et Mondi (1584; traducido ao galego como Acerca do infinito, do universo e dos mundos, Fundación Calouste Gulbenkian, 1984)
  • Spaccio de la Bestia Trionfante (1584)
  • Cabala del cavallo Pegaseo - Asino Cillenico (1585)
  • De gl' heroici furori (1585)
  • Figuratio Aristotelici Physiciauditus (1585)
  • Dialogi duo de Fabricii Mordentis Salernitani (1586)
  • Idiota triumphans(1586)
  • De somni interpretatione conl' Insomniun (1586)
  • Centun et viginti articuli denatura et mundo adversusperipateticos (1586)
  • Animadversiones circa lampaden lullianan (1586)
  • Lampas triginta statuarum (1586)
  • Delampade combinatoria Lulliana (1587)
  • De progresu et lampade venatoria logicorum (1587)
  • Oratio valedictoria (1588)
  • Camoeracensis Acrotismus(1588)
  • De specierum scrutinio (1588)
  • Articuli centun et sexagintaadversus huius tempestatismathematicosatque Philosophos (1588)
  • Oratio consolatoria (1589)
  • De triplici minimo et mensura (1591)
  • De monade numero et figura (1591)
  • De innumerabilibus, immenso, et infigurabili (1591)
  • De imaginun, signorum &idearum compositione (1591)
  • De vinculis in genere (1591)
  • Summa terminorum metaphisicorum (1595)
  • Artificiun perorandi (1612)
  • Libri physicorum Aristotelisexplanati
  • De magia - Theses de maxia
  • De magia mathematica
  • De rerum principiis et elementis et causis
  • Medicina Lulliana


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Reale, G. & Antiseri, D. (1990): Historia da Filosofia, Volume II, Ed.Paulis, San Paulo.
Yates, F. A. (1988): Giordano Bruno e a Tradição Hermética, Ed. Cultrix, San Paulo.
Bosy, John (1993): Giordano Bruno e o Misterio da embaixada, Ediouro, 272 p.
Giuliano Montaldo (1973): Giordano Bruno, filme con Gian María Volontè. 123 min.

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 1
Idea 4
idea 4
iOS 5
os 62
text 1
todo 3
web 2