Giuseppe Gioachino Belli
Giuseppe Francesco Antonio Maria Gioachino Raimondo Belli, nado o 7 de setembro de 1791 e finado o 21 de decembro de 1863, foi un poeta romano, famoso polos seus sonetos en romanesco, o dialecto de Roma.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giuseppe Francesco Antonio Maria Gioachino Raimondo Belli 7 de setembro de 1791 Roma (Estados Pontificios) |
Morte | 21 de decembro de 1863 (72 anos) Roma (Reino de Italia) |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Familia | |
Parentes | Jacopo Ferretti, consogro |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Белли Джузеппе Джоакино) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarDe familia modesta, queda ben cedo orfo de pai. Belli comezou a escribir grazas ó seu amigo o poeta Francesco Spada, inicialmente compón sonetos en lingua italiana. Foi secretario do príncipe Stanislao Poniatowsky, casou en 1816 cunha muller maior ca el pero cunha certa fortuna o que lle permitiu dedicar máis tempo á produción poética, viaxou polo norte de Italia, nese momento un fervedoiro intelectual moi diferente á Roma da época. En Milán entra en contacto coa poesía de tradición local, e sobre todo coa obra de Carlo Porta, que escribía na lingua local e que serviu de modelo para Belli. Os seus sonetos foron frecuentemente satíricos e anticlericais aínda que Belli era politicamente conservador e durante a rebelión da República Romana de 1849 defendeu os dereitos do papa. Durante os seus últimos anos traballou como censor para o goberno papal. En italiano escribiu gran número de composicións, destacando en especial as adaptacións de textos sacros.
Os sonetos
editarBelli é notable sobre todo pola produción de sonetos en dialecto romanesco, é unha poesía popular e vívida, onde o humor e a sátira xoga un papel importante, cun erotismo primitivo. Belli produciu 2279 sonetos, a maioría compostos entre 1830 e 1839, permanceron inéditos durante a súa vida, tan só amosados en recitais diante os seus amigos. En 1866 publicouse unha primeira escolma. Os seus sonetos son dun valor inestimable para coñecer a vida da época e tamén en termos lingüísticos a fala viva da época.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Edoardo Ripari, Giuseppe Gioacchino Belli, Liguori Editore Srl, 2008, ISBN 88-207-4258-6.
- Stefania Luttazi, Marcello Teodonio, Lo Zibaldone di Giuseppe Gioachino Belli indici e strumenti di ricerca: indici e strumenti di ricerca, Centro studi Giuseppe Gioachino Belli, Aracne, 2004, ISBN 88-7999-988-5
- Crescenzo Piattelli, Il Belli e gli ebrei. Ebraismo e cristianesimo: antiche e nuove divergenze, Bonaccorso, 2003, ISBN 88-7440-007-1
- Filippo Coarelli, Belli e l'antico, L'ERMA di BRETSCHNEIDER, 2000, ISBN 88-8265-081-2
- Marcello Teodonio, Vita Di Belli, Laterza, 1993, ISBN 88-420-4294-3
- Marcello Teodonio, Roberto Vighi, La proverbiade romanesca di Giuseppe Gioachino Belli. Proverbi e forme proverbiali nei versi e nelle prose del poeta, Bulzoni, 1991, ISBN 88-7119-285-0
- D. Abeni, Belli oltre frontiera: la fortuna di GG Belli nei saggi e nelle versioni di autori stranieri, Bonacci, 1983
- M. T. Lanza, Porta e Belli, Laterza, 1976
- G. Vaccaro, Vocabolario romanesco trilussiano e italiano-romanesco: Etimologico, lessicale, grammaticale, …, Romana libri alfabeto, 1971
- Salvatore Rebecchini, Giuseppe Gioachino Belli e le sue dimore, Roma, Palombi, 1970
- C. Vili, Giuseppe Gioacchino Belli. La Letteratura italiana: Storia e testi, Laterza, 1970
- Eurialo De Michelis, Approcci al Belli, Ist. Nazionale di studi romani ed. 1969
- G. Vaccaro, Vocabolario romanesco belliano e italiano-romanesco, Romana Libri Alfabeto, 1969
- C. Muscetta, Cultura e poesia di Giuseppe Gioachino Belli, Feltrinelli, 1961