Glándula de Bartholin

As glándulas de Bartholin ou glándulas vestibulares maiores son dúas glándulas do aparato reprodutor feminino situadas a esquerda e dereita do orificio vaxinal lixeiramente posteriores a el. Producen unha secreción mucosa que lubrica a vaxina (probablemente só a zona externa que rodea o orificio vaxinal). Son homólogas embrioloxicamente ás glándulas bulbouretrais ou de Cowper dos machos. Porén, as glándulas de Bartholin están situadas na bolsa perineal superficial, mentres que as glándulas bulbouretrais masculinas están situadas na bolsa perineal profunda.

Glándula de Bartholin
Órganos xenitais femininos externos.
Latín glandula vestibularis major
Gray's pág.1266
Arteria arteria pudenda externa[1]
Nervio(s) nervio ilioinguinal [1]
Linfa ganglios linfáticos inguinais superficiais
Precursor Seo uroxenital
MeSH Bartholin's+Glands
Dorlands/Elsevier Bartholin gland

Función

editar

A súa función é segregar mucus para proporcionar lubricación vaxinal.[2][3] As glándulas de Bartholin segregan cantidades relativamente pequenas (unha ou dús pingas) de fluído cando unha muller está sexualmente excitada.[4] e no coito. Estas pequenas gotas consideráronse tradicionalmente como importantes para a lubricación vaxinal, pero as investigacións máis recentes feitas por William H. Masters e Virginia E. Johnson demonstraron que a lubricación vaxinal procede de partes máis profundas da vaxina.[4] O fluído pode humedecer lixeiramente a abertura labial da vaxina, facendo que o contacto con esta área tan sensible sexa máis confortable para a muller.[4]

Histoloxía

editar

As glándulas de Bartholin son glándulas secretoras formadas por epitelio cilíndrico simple. En medio destas células epiteliais hai células caliciformes produtoras de mucus.[5] O conduto excretor, que termina no orificio vulvar, está revestido de epitelio plano estratificado.[6]

Patoloxía

editar

Aínda que é pouco usual, é posible que as glándulas de Bartholin se irriten ou infecten, producindo dor.[4] Se o conduto queda obstruído, pode formarse un quiste de Bartholin, e este pode infectarse orixinando un absceso. A inflamación das glándulas de Bartholin denomínase bartolinite.

O adenocarcinoma da glándula é raro, e os tumores benignos e hiperplasia son aínda máis raros.[7]

Epónimo

editar

As glándulas de Bartholin denomínanse así porque as describiu por primeira vez no século XVII o anatomista danés Caspar Bartholin o novo (1655–1738).[8] Algunhas fontes adxudican erroneamente o descubrimento ao seu avó, o teólogo e anatomista Caspar Bartholin o vello (1585–1629).[9] Nos textos antigos usábase o nome latinizado como Bartholinus, de onde procede Bartolino (glándulas de Bartolino), que é outra denominación que se lle deu a estas glándulas.

  1. 1,0 1,1 "Greater Vestibular (Bartholin) gland". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2012. 
  2. "Viscera of the Urogenital Triangle". University of Arkansas Medical School. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 09 de setembro de 2012. 
  3. Chrétien, F.C.; Berthou J. (September 18, 2006). "Crystallographic investigation of the dried exudate of the major vestibular (Bartholin's) glands in women.". Eur J Obstet Gynecol Reprod Biol. 135 (1): 116–22. PMID 16987591. doi:10.1016/j.ejogrb.2006.06.031. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Bartholin's Gland". Discovery Health. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2008. Consultado o 09 de setembro de 2012. 
  5. Manual de histología de la universidad de Antofagasta para medicina
  6. El Manual Merck de información médica para el hogar (2005). "Aparato reproductor femenino". SECCIÓN 22: Problemas de salud de la mujer (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2007. Consultado o 5 de xaneiro de 2007. A través de diminutos condutos que están situados xunto ao introito, as glándulas de Bartholin, cando son estimuladas, segregan un fluxo (moco) que lubrica la vaxina durante o coito. 
  7. Argenta PA; Bell K; Reynolds C; Weinstein R (1997). "Bartholin's gland hyperplasia in a postmenopausal woman". Obstetrics & Gynecology 90 (4 part 2): 695–7. PMID 11770602. doi:10.1016/S0029-7844(97)00409-2. 
  8. WhoNamedIt - synd - 3320 Bartholin's gland
  9. C. C. Gillispie (ed.): Dictionary of Scientific Biography, New York 1970. Ver o artigo sobre Thomas Bartholin.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1