Glándula exócrina

As glándulas exócrinas son glándulas que producen e segregan substancias na superficie dun epitelio ou nun conduto.[1] Exemplos de glándulas exócrinas son as sudoríparas, salivares, mamarias, ceruminosas, lacrimais, sebáceas e mucosas. Tamén o son aquelas que segregan ao tubo dixestivo. As glándulas exócrinas son un dos dous tipos de glándulas que existen no corpo humano, o outro son as glándulas endócrinas, que segregan os seus produtos directamente ao sangue. Tamén hai glándulas mixtas, como o fígado e páncreas son á vez exócrinas e endócrinas, as cales son exócrinas porque segregan bile e zume pancreático ao duodeno por medio de condutos, e son endócrinas porque segregan hormonas directamente ao torrente sanguíneo.

Glándula exócrina
Un acino é un conxunto circular de células exóxrinas conectadas a un conduto.
Latín glandula exocrina

Clasificacións

editar

Pola estrutura

editar

As glándulas exócrinas conteñen unha porción glandular e un conduto, cuxas estruturas poden utilizarse para clasificar a glándula.[1]

  • A porción correspondente ao conduto pode ser ramificada (chamada composta) ou non ramificada (chamada simple).
  • A porción glandular pode ser tubular ou acinar, ou pode ser unha mestura das dúas (chamada tubuloacinar). Se a porción glandular se ramifica, entón a glándula denomínase glándula ramificada.

Polo método de secreción

editar

As glándulas exócrinas denomínanse glándulas apócrinas, holócrinas ou merócrinas baseándose en como se segregan os seus produtos.[1]

  • Secreción merócrina: as células excretan as súas substancias por exocitose; por exemplo, as células acinares pancreáticas.
  • Secreción apócrina: evaxínase unha porción rodeada de membrana plasmática que contén a excreción.
  • Secreción holócrina: toda a célula se desintegra para excretar a súa substancia; por exemplo, as glándulas sebáceas da pel.

Polo produto segregado

editar

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Young B, Woodford P, O'Dowd G (2013). Wheater's Functional Histology: A Text and Colour Atlas (6th ed.). Elsevier. p. 95. ISBN 978-0702047473. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
eth 1