God Save the King
"God Save the King" (Deus Salve ao Rei) ou "God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña), dependendo do xénero do monarca reinante, é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.
God Save the King | |
---|---|
God Save the Queen | |
En galego: Deus salve ao Rei | |
Himno de | Estados Nacional Nova Zelandia Reino Unido Real Antiga e Barbuda Australia Bahamas Barbados Belize Canadá Granada Saint Kitts e Nevis Tuvalu Xamaica Depedencias Bermudas Guernsey Illa de Jersey Real Illa de Man |
Letra | Descoñecido |
Música | Descoñecido |
Adoptado | 1745 |
Mostra da música | |
God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve a Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e o Canadá.
Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.
Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, Nova Zelandia e o Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.
Letra orixinal en inglés | Versión en galego | En francés (empregada na parte francófona do Canadá) |
---|---|---|
God save our gracious Queen, Thy choicest gifts in store, O Lord, our God, arise, Not in this land alone, From every latent foe, Lord grant that Marshal Wade |
Deus salve a nosa gloriosa Raíña, Os mellores presentes; Ó Deus, noso Deus, veña Non apenas neste país, A todo inimigo latente, Que Deus permita que o Mariscal Wade |
Dieu protège la reine |
Observacións:
With heart and voice to sing
|
Interpretación no Reino Unido
editarA versión máis interpretada nos actos oficiais foi proposta polo rei Xurxo V, quen se consideraba como un experto nela (por mor do número de veces que o escoitara). Unha orde do exército foi emitida en 1933, establecendo as normas para o tempo, a dinámica e a orquestración. Estas instrucións inclúense como que o Exército establece o tempo, a dinámica a orquestración.
Ata a última parte do século XX, os asistentes ao teatro e os concertos esperaban de pé, mentres se interpretaba o himno trala celebración do espectáculo. Nos cines, a tendencia do público de saír durante os créditos fixo que se suprimira esta formalidade.
O himno continua sendo interpretado en eventos tradicionais como o Campionato de Wimbledon e The Proms, entre outros.
Nos medios audiovisuais
editarTradicionalmente interpretábase antes do fin das emisións da BBC (agás BBC Two que nunca chegou a ter esta tradición), e tras a introdución das cadeas privadas de televisión esta práctica foi adoptada por algunhas filiais de ITV ata a década dos 1980, pero continuou no final das emisións da BBC One ata o 8 de novembro de 1997 cando a cadea comezou a conectar con BBC News pola noite. Hoxe en día esta tradición mantense en BBC Radio Four, que acostuma emitir o himno antes de conectar con BBC World Service.
O himno tamén se emite antes da Mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra, agás en 2007 que foi emitido ao final da mensaxe. Tamén é utilizado para dar avisos sobre a Casa Real, coma a morte dalgún membro, neste caso é interpretado dun xeito máis solemne.
Adaptacións musicais
editarCompositores clásicos
editarAo redor de 140 compositores incluíndo Beethoven, Haydn, Clementi, J.C.Bach, Liszt, Brahms, Carl Maria von Weber, Niccolò Paganini, Johann Strauss (pai), e Edward Elgar utilizaron o himno nalgunha das súas composicións.
Rock
editarAlgúns grupos de rock coma Sex Pistols ou Queen, tamén fixeron adaptacións do God Save the Queen para algúns acontecementos importantes en Inglaterra.[2]