O Gorilla beringei é unha das dúas especies do xénero Gorilla e o maior primate existente na actualidade. Á súa vez, o Gorilla beringei está dividido en dúas subespecies: o Gorilla beringei graueri e o Gorilla beringei beringei. O primeiro é o máis abondoso, con entre 4.000 e 5.000 individuos[2], mentres que en novembro de 2012, estimouse que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[3] Ademais, algúns científicos consideran unha terceira subespecie coñecida como Gorilla beringei beringei de Bwindi (que representa arredor da metade da poboación de Gorilla beringei beringei).

Gorilla beringei

Macho adulto de Gorilla beringei.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: G. beringei
Nome binomial
'Gorilla beringei'
(Matschie, 1903)
Área de distribución.
Área de distribución.

Área de distribución.
Subespecies

G. b. beringei
G. b. graueri

  1. Plumptre, A.; Robbins, M.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla beringei". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39994A17964126. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. "Gorillas on Thin Ice". 15 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 19 de maio de 2010. : "The Eastern Lowland Gorilla population in the DRC has plummeted dramatically over the last 10 years, with probably only about 5,000 of the formerly 17,000 animals remaining."
  3. Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
mac 1
multimedia 1
os 9
todo 1
web 1