Gorilla gorilla
O Gorilla gorilla é unha das dúas especies do xénero Gorilla. Á súa vez, o Gorilla gorilla está dividido en dúas subespecies: o Gorilla gorilla gorilla e o Gorilla gorilla diehli. Case a totalidade dos Gorilla gorilla pertencen á subespecie do Gorilla gorilla gorilla, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli.
Gorilla gorilla | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de Gorilla gorilla. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gorilla beringei (Savage, 1847) | |||||||||||||||
Área de distribución do Gorilla gorilla.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Descrición
editarEn comparanza co Gorilla beringei, o Gorilla gorilla é sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O Gorilla gorilla gorilla caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o marrón até o gris, e a fronte alaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[2][3] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os Gorilla gorilla meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[3][4] O Gorilla gorilla diehli diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10–15 cm máis alto e 20–35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o Gorilla beringei beringei e o Gorilla beringei graueri, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.
Galería de imaxes
editar-
Caveira dun macho adulto.
-
Macho de gorila occidental.
-
Femia coa súa cría.
Notas
editar- ↑ Maisels, F.; Bergl, R. A.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla gorilla". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T9404A17963949. Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press
- ↑ 3,0 3,1 Burnie D and Wilson DE (Eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), ISBN 0789477645
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorilla gorilla |