Gossip Girl é unha serie de televisión estadounidense baseados na serie de novelas homónimas escritos por Cecily von Ziegesar. A serie creárona Josh Schwartz e Stephanie Savage e prodúcena a CBS Paramount Network Television, Warner Bros., College Hill Productions e Alloy Entertainment, estreándose no Canadá o 18 de setembro de 2007 pola CTV Television Network e nos EUA o día seguinte por The CW Television Network despois do programa America's Next Top Model. Este primeiro episodio estivo dispoñible de forma gratuíta en ITunes Store o 14 de setembro. En principio íanse emitir 22 episodios pero debido á folga de guionistas só se emitiron 13.

Gossip Girl

Blak Lively, a protagonista de Gossip Girl.
Na rede
http://www.cwtv.com/shows/gossip-girl
IMDB: tt0397442 Filmaffinity: 974909 Allocine: 3241 Rottentomatoes: tv/gossip-girl Metacritic: tv/gossip-girl TV.com: shows/gossip-girl
Twitter: gossipgirl Netlix: 70143811 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Narrado por un personaxe omnisciente, a misteriosa blogueira "Gossip Girl", coa voz de Kristen Bell a serie narra as vidas das adolescentes que estudan nunha escola privada de elite de Upper East Side en Nova York. A serie comeza co regreso da protagonista despois dunha ausencia repentina de varios meses, Serena van der Woodsen (Blake Lively), quen pretende comezar unha nova etapa na súa vida coas súas amigas e familia, comezando unha relación con Dan Humphrey (Penn Badgley), un forasteiro que é parte da turbulenta escena de Manhattan. Outro personaxe importantes é a mellor amiga de Serena e aliada Blair Waldorf (Leighton Meester), unha fermosa raíña da beleza da escena social de Manhattan. Na terceira tempada, os estudantes, xa graduados da escola secundaria atenden á universidade ou pasan ó mundo real.

  NODES
todo 1