Gran Premio de Italia de 2015
O Gran Premio de Italia de 2015, formalmente coñecido como o 2015 Gran Premio Santander d'Italia é unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 6 de setembro de 2015, no Autódromo Nazionale Monza en Italia. Foi a décimo segunda carreira do campionato de 2015, e o sesaxésimo cuarto Gran Premio de Italia celebrado en Monza.
Nome oficial | Formula 1 Italian Grand Prix 2015 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 6 de setembro de 2015 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Lewis Hamilton |
Resumo da carreira
editarCualificación
editarLewis Hamilton clasificouse na pole cun tempo de 1:23.397, dúas décimas por diante de Kimi Räikkönen de Ferrari. O compañeiro de equipo de Raikkonen, Sebastian Vettel, foi o terceiro cualificado, outras cinco centésimas abaixo.[1]
Post-cualificación
editarO Toro Rosso de Max Verstappen foi penalizado cun drive-through dentro das tres primeiras voltas da carreira debido a unha saída perigosa dos boxes durante a cualificación, perdeu a carcasa do motor.[2] O Sauber de Marcus Ericsson foi penalizado con tres lugares na grella despois de que molestara a Nico Hülkenberg durante a cualificación.[3]
Carreira
editarCando a carreira se puxo en marcha, o Ferrari de Kimi Raikkonen quedou parado e só arrincou logo de todos os demais coches pasaren ao finlandés. Mentres tanto, Hamilton conseguiu na primeira chicana pasar por diante de Vettel, pero o seu compañeiro de equipo Rosberg tivo que evitar o coche de Raikkonen e perdeu dous postos cos dous Williams de Felipe Massa e Valtteri Bottas. Ambos pilotos de Lotus víronse obrigados a retirarse antes do final da segunda volta, Grosjean, debido ao contacto con outro coche, mentres que Maldonado danou o seu chasis cando bateu cun bordo. Mentres Räikkönen remontaba na pista para estar na duodécima posición na volta tres, Lewis Hamilton aumentou rapidamente a súa vantaxe sobre Vettel e colocouse a máis dun segundo da fiestra do DRS. Nico Rosberg foi incapaz de pasar a Bottas na pista. Máis atrás, os coches patrocinados por Red Bull quedaron na parte traseira ata o fin, con Carlos Sainz Jr., Daniel Ricciardo e Daniil Kvyat loitando pola décima posición. Sainz cedeu o seu lugar na volta 11, cando tivo que entrar a boxes para unha penalización de cinco segundos por cortar a chicana na saída.[4] Na volta 14, Hamilton lideraba sobre Vettel por máis de oito segundos, e Rosberg seguía detrás dos Williams no quinto lugar. Detrás do alemán estaban os dous Force India de Sergio Pérez e Nico Hülkenberg.[5]
Na volta 18, Rosberg foi o primeiro dos pilotos de cabeza en entrar a boxes, para intentar "socavar" aos dous Williams, que se viron obrigados a entrar pouco despois. Massa entrou unha volta máis tarde e Bottas na volta 22, ambos saíron dos pits detrás do Mercedes de Rosberg, que agora era terceiro. Na volta 26, tanto Hamilton e Vettel tamén pararon en boxes, Hamilton era líder por diante do Ferrari por máis de doce segundos. Nese momento, Raikkonen, que aínda tiña que parar, estaba no terceiro lugar, pero foi superado facilmente por Rosberg na volta 28. Na volta 29, Daniel Ricciardo, que aínda seguía cas súas pinas orixinais, pasou a Pérez na sexta posición, o mexicano recuperou o posto unha volta máis tarde. Ao final da volta 29, Räikkönen parou en boxes pero case chocou con Roberto Merhi na entrada en boxes. Logo da súa parada, o finlandés saíu décimo, pero rapidamente recuperou o seu posto de novo, logrando o oitavo posto de Marcus Ericsson na volta 32. Na volta 36, Nico Rosberg moveuse a menos de catro segundos de Sebastian Vettel diante del, mentres que Räikkönen púxose sétimo a costa de Nico Hülkenberg.[5]
Na volta 45, Vettel e Rosberg atopan pilotos dobrados na pista, o que permitiu ao Mercedes situarse a menos de tres segundos por detrás do Ferrari. Na volta 49, Mercedes díxolle Hamilton que aumentara a súa velocidade, sen dar ao piloto unha explicación. Con Hamilton líder por diante de Vettel por 23 segundos, a indicación foi inesperada. Máis tarde demostrouse que fora causada polo feito de que o pneumático traseiro esquerdo de Hamilton tiña moi pouca presión na saída, levando ao equipo a temer unha penalización de tempo logo da carreira. Fernando Alonso retirouse da carreira na volta 50 debido á perda de potencia.[6] Unha volta máis tarde, Räikkönen colocouse en sexto lugar logo de adiantar ao Force India de Sergio Pérez. Cunha volta para o final, Rosberg acercábase cada vez máis a Vettel, cando de súpeto o seu motor fallou, o que lle obrigou a retirarse, entregando a Felipe Massa o último lugar no podio, que defendeu a posición co seu compañeiro Bottas durante a última volta. Lewis Hamilton terminou a carreira para lograr a vitoria no que el mesmo describiu como "o mellor [fin de semana] que conducín".[7] terminado 25 segundos por diante de Vettel.
Post-carreira
editarDurante máis de dúas horas logo da carreira, a vitoria de Hamilton aínda era un tema de debate, xa que atopouse que tanto os seus pneumáticos traseiros esquerdos como os de Nico Rosberg tiñan 0.3psi menos de presión que a permitida.[7] Mentres que Lewis Hamilton declarou na conferencia de prensa post-carreira que el non fora consciente do problema,[8] Os representantes de Williams Pat Symonds e Rob Smedley pediron á descualificación de Hamilton, con este último sinalando que se trata dun "problema de seguridade".[9] Os comisarios finalmente decidiron non realizar ningunha acción, afirmando que: "Ao tomar esta determinación con respecto á presión, os comisarios sinalaron que as mantas de quecemento dos pneumáticos foran desconectadas da súa fonte de enerxía, como é o procedemento normal, e os pneumáticos estaban significativamente por baixo do máximo permitido no momento da medición da FIA na grella e significativamente diferentes das temperaturas doutros coches medidos na grella. Ademais, os comisarios están convencidos de que o equipo seguiu o procedemento especificado na actualidade, supervisado polo fabricante de pneumáticos para o uso seguro dos pneumáticos. Polo tanto, os comisarios deciden non tomar ningunha acción adicional".[10]
As entrevistas no podio, levounas a cabo o director George Lucas, Lewis Hamilton expresou o seu agradecemento ao seu equipo e os afeccionados no lugar. Felipe Massa, preguntado pola pelexa na última volta co seu compañeiro Bottas, declarou: "Estoume facendo vello para isto, ata díxenlle ao equipo que estábame facendo vello. As tres últimas voltas da carreira eu estaba loitando co meu compañeiro de equipo!. foi moi difícil, pero arranxámonolas para estar aquí". Durante a roda de prensa posterior á carreira, Hamilton mostrouse sorprendido polo seu liderado no campionato, xa que non fora informado da retirada de Rosberg nese punto. Cando se lle preguntou sobre o tema de presión de pneumáticos, Sebastian Vettel defendeu a Hamilton, dicindo: "Creo que non é xusto para Lewis porque el non sabía o que está pasando [...] En xustiza el fixo un moi bo traballo hoxe e vostede ten que aceptar iso ".[8]
Logo da carreira, o director do equipo de Red Bull Christian Horner dixo que Mercedes dera "un preocupante paso cara a adiante" coa súa nova especificación do motor, admitindo que o equipo estaba "nunha liga propia de momento".[11] Nico Rosberg, que correra coa vella versión da especificación da unidade de potencia, describiu a carreira como un "gran paso na dirección equivocada".[12] Logo da carreira, o equipo revelou que converteran o seu motor co fin de axudarlle a coller Vettel nas últimas voltas.[13] O equipo admitiu máis tarde que o uso da nova unidade de enerxía no Gran Premio de Italia fora "un risco".[14]
Como resultado da carreira, Lewis Hamilton ampliou a súa vantaxe no campionato a 53 puntos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Rosberg.[15] O segundo posto significa que Sebastian Vettel achegouse a Rosberg, agora a 21 puntos.[16] No Campionato de Construtores, Mercedes ten 451 puntos, con Ferrari e Williams na segunda e a terceira posición, con 270 e 188 puntos respectivamente.[17]
Cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:24.251 | 1:23.383 | 1:23.397 | 1 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:24.662 | 1:23.757 | 1:23.631 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:24.989 | 1:23.577 | 1:23.685 | 3 |
4 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:24.609 | 1:23.864 | 1:23.703 | 4 |
5 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:25.184 | 1:23.983 | 1:23.940 | 5 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:24.979 | 1:24.313 | 1:24.127 | 6 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:24.801 | 1:24.379 | 1:24.626 | 7 |
8 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1:25.144 | 1:24.448 | 1:25.054 | 8 |
9 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:24.937 | 1:24.510 | 1:25.317 | 9 |
10 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:25.122 | 1:24.457 | 1:26.214 | 12[18] |
11 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1:25.429 | 1:24.525 | 10 | |
12 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:25.121 | 1:24.898 | 11 | |
13 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Renault | 1:25.410 | 1:25.618 | 17 [19] | |
14 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 1:25.742 | 1:25.796 | 18 [20] | |
15 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:25.633 | Sen tempo | 19 [21] | |
16 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:26.054 | 15 [22] | ||
17 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:26.154 | 16 [23] | ||
18 | 28 | Will Stevens | Manor Marussia-Ferrari | 1:27.731 | 13 | ||
19 | 98 | Roberto Merhi | Manor Marussia-Ferrari | 1:27.912 | 14 | ||
107% tempo: 1:30.149 | |||||||
20 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | Sen tempo | 20[24] | ||
Fonte:[25] |
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1[26] | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 43 | 1:18:00.688 | 1 | 25 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 53 | + 25.042 | 3 | 18 |
3 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 53 | + 47.635 | 5 | 15 |
4 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 53 | + 47.966 | 6 | 12 |
5 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 53 | + 1:08.860 | 2 | 10 |
6 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 53 | + 1:12.783 | 7 | 8 |
7 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 52 | + 1 volta | 9 | 6 |
8 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 52 | + 1 volta | 19 | 4 |
9 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 52 | + 1 volta | 12 | 2 |
10 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 52 | + 1 volta | 18 | 1 |
11 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Renault | 52 | + 1 volta | 17 | |
12 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 52 | + 1 volta | 20 | |
13 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 52 | + 1 volta | 11 | |
14 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 52 | + 1 volta | 15 | |
15 | 28 | Will Stevens | Manor Marussia-Ferrari | 51 | + 2 voltas | 13 | |
16 | 98 | Roberto Merhi | Manor Marussia-Ferrari | 51 | + 2 voltas | 14 | |
17 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 50 | Motor | 4 | |
18 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 47 | Perdida de potencia | 16 | |
Ret. | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1 | Colisión | 8 | |
Ret. | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1 | Colisión | 10 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
editar- ↑ "Qualifying - Hamilton and Raikkonen form Monza front row". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 5 de setembro de 2015. Consultado o 5 de setembro de 2015.
- ↑ "Verstappen handed drive-through penalty for bodywork issue". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 6 de setembro de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "Ericsson docked three places for impeding". gpupdate.net (gpupdate.net). 6 de setembro de 2015. Consultado o 6 de setembro de 2015.
- ↑ "What we learned from Monza". Red Bull. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 McVeigh, Niall (6 de setembro de 2015). "F1: Lewis Hamilton wins Italian GP – as it happened". The Guardian. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Saunders, Nate (6 de setembro de 2015). "Fernando Alonso retired after loss of power at Monza". ESPN. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 Weaver, Paul (6 de setembro de 2015). "F1: Lewis Hamilton hails ‘best weekend’ after cruising to victory at Monza". The Guardian. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 "2015 Italian Grand Prix - Sunday Post Race Press Conference". FIA. 6 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Rose, Gary (6 de setembro de 2015). "How the Italian GP unfolded". BBC. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Edmondson, Laurence (6 de setembro de 2015). "FIA upholds Lewis Hamilton's Monza win after tyre investigation". ESPN. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Edmondson, Laurence (8 de setembro de 2015). "Mercedes upgrade a 'worrying' step forward - Christian Horner". ESPN. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Bradley, Charles (6 de setembro de 2015). "Rosberg: Late exit “massive step in the wrong direction”". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Anderson, Ben; Beer, Matt (6 de setembro de 2015). "Mercedes F1 team turned Nico Rosberg's engine up before it failed". autosport.com. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Anderson, Ben; Beer, Matt (7 de setembro de 2015). "Using new F1 engine at Monza a risk, Mercedes boss Wolff admits". autosport.com. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Johnson, Daniel (6 de setembro de 2015). "Italian Grand Prix 2015: Not even belated stewards' investigations can stop Lewis Hamilton". The Telegraph. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ "2015 Driver Standings". FIA. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ "2015 Constructor Standings". FIA. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Marcus Ericsson foi penalizado con 3 posicións por entorpecer a volta de Nico Hülkenberg na Q1.
- ↑ Carlos Sainz, décimo terceiro cualificado, foi penalizado con 35 posicións na grella por múltiples cambios na caixa de cambios e no motor.
- ↑ Kvyat, décimo cuarto cualificado, foi penalizado con 35 posicións na grella por múltiples cambios na caixa de cambios e no motor.
- ↑ Daniel Ricciardo, décimo quinto cualificado, foi penalizado con 50 posicións na grella por múltiples cambios na caixa de cambios e no motor
- ↑ Jenson Button, décimo sexto cualificado, foi penalizado con 5 posicións na grella por cambios nos compoñentes da unidade de potencia. Debido ás penalizacións de Sainz, Kyvat e Ricciardo, salta ao posto quince da grella.
- ↑ Fernando Alonso, décimo sétimo cualificado, foi penalizado con 10 postos na grella por cambios dos compoñentes da unidade de potencia.Debido ás penalizacións de Sainz, Kyvat e Ricciardo, salta ao posto dazaseis da grella.
- ↑ Max Verstappen, nun principio non cualificou, pero foi repescado polos comisarios. Ademais, o holandés foi penalizado con 20 postos na grella por cambiar dous compoñentes da unidade de potencia do seu motor e facer un "drive-trought" nas tres primeiras voltas da carreira por unha saída de boxes considerada perigosa
- ↑ "Qualifying". Formula1.com. Formula One Administration. 22 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2015.
- ↑ Logo da chegada, Lewis Hamilton quedou baixo ameaza dunha sanción pola falta de cumprimento co límite de presión dos pneumáticos. Logo de escoitar aos empregados de Mercedes e Pirelli, os comisarios da FIA decidiron non sancionalo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 2015 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2015 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Singapur de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 2014 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 2016 |