Grande incendio de Londres

O Grande Incendio de Londres foi un incendio de grandes proporcións que arrasou a cidade de Londres (Inglaterra) desde o domingo 2 de setembro até o mércores 5 de setembro de 1666. O lume destruíu a cidade medieval dentro da vella muralla romana da cidade. Ameazou, pero non chegou, ao distrito aristocrático de Westminster, o Palacio de Whitehall de Carlos II, e a maioría dos asentamentos suburbanos.

Detalle dunha pintura de 1666 do Grande Incendio de Londres dun artista descoñecido, representando o incendio como puido ser observado na tarde do martes 4 de setembro desde un barco. A Torre de Londres está á dereita e o Ponte de Londres á esquerda, coa Catedral de San Paulo ao fondo, rodeada polas chamas máis altas.
Londres, como se vía desde Bankside, Southwark, durante o Grande Incendio Derivado dunha Impresión do Período de Visscher.

Historia

editar

Foi unha das maiores calamidades da historia de Londres. Destruíu 13.200 casas, 87 igrexas parroquiais, 44 salóns da Livery Company, a Royal Exchange, a casa de aduanas, a Catedral de San Paulo, o concello de Londres, o palacio correccional e outras prisións da cidade, catro pontes sobre os ríos Támese e Fleet, e tres portas da cidade. Deixou a unhas 80.000 persoas sen fogar, un sexto dos habitantes da cidade nese momento. A cifra de mortes polo incendio é descoñecida, e pensábase que fora bastante pequena porque só algunhas mortes foron rexistradas. Este razoamento foi desafiado recentemente considerando que as mortes de pobres e de persoas de clase media non foron rexistradas, e que a calor puido incinerar a moitas vítimas sen deixar restos recoñecibles.

O lume comezou na mañá do domingo 2 de setembro de 1666. Prendeu en Pudding Lane na casa de Thomas Farynor, un panadeiro do rei Carlos II de Inglaterra e estendeuse rapidamente. O uso da principal técnica contra incendios da época, a creación de devasas por medio de demolicións, foi criticamente atrasado debido a indecisións do alcalde de Londres, Sir Thomas Bloodworth. Para cando foron ordenadas as demolicións a grande escala na noite do domingo, o vento xa convertera o lume da panadaría nunha tormenta ígnea que venceu tales medidas. O luns o lume foi empuxado ao norte, no corazón da cidade. A orde nas rúas rompeu polos rumores de que estranxeiros iniciaron os incendios. As sospeitas centráronse nos franceses e holandeses, os inimigos de Inglaterra da Segunda Guerra Anglo-Holandesa en curso. Estes grupos de inmigrantes foron vítimas de linchamentos e violencia nas rúas. O martes, o lume estendeuse pola maior parte da cidade, destruíndo a Catedral de St Paul e pasando o río Fleet para ameazar á corte de Carlos II no Whitehall, mentres os esforzos coordinados na loita contra o lume mobilizábanse simultaneamente. Considérase que a batalla para apagar o incendio gañouse por dous factores: os fortes ventos do leste acabáronse, e a gornición da Torre de Londres usou pólvora para crear devasas efectivas e deter a extensión adicional do lume cara ao leste.

Os problemas sociais e económicos orixinados polo desastre eran abafantes. A pesar de numerosas propostas radicais, Londres foi reconstruída esencialmente co mesmo plano de rúas utilizado antes do incendio.

 
A parte central de Londres en 1666, coa parte consumida polo lume mostrada en rosa.
  NODES
iOS 2
multimedia 1
os 36
todo 1