Granville Bantock
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Granville Bantock, nado en Londres en 1868 e finado na mesma cidade en 1946, foi un compositor británico de música clásica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1868 Londres, Reino Unido |
Morte | 16 de outubro de 1946 (78 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
Educación | Universidade de Birmingham Royal Academy of Music |
Actividade | |
Ocupación | compositor, coreógrafo, director de orquestra |
Empregador | Universidade de Birmingham |
Xénero artístico | Ópera e sinfonía |
Alumnos | Dorothy Howell (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Musical Riemann (1901–1904) 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Íntimo amigo do compositor Havergal Brian, foi profesor de música na Universidade de Birmingham desde 1908 ata 1934, sucedendo no cargo a Edward Elgar. En 1934, foi elixido Presidente da Corporación do Trinity College of Music de Londres. Foi nomeado Cabaleiro en 1930.
A súa música estivo influenciada polas cancións folclóricas das Illas Hébridas (como queda patente, por exemplo, na Hebridean Symphony de 1915) e pola obra de Richard Wagner. Algunhas das súas composicións posúen un toque "exótico", por exemplo o oratorio Omar Khayyám (1906-09).
Entre os seus traballos máis coñecidos atópanse a abertura The Pierrot of the Minute (1908) e Pagan Symphony (Sinfonía Pagá, 1928).
Bantock foi fundamental na fundación da «Orquestra da Cidade de Birmingham» (máis tarde, Orquestra Sinfónica da Cidade de Birmingham), cuxa primeira interpretación, en setembro de 1920, foi a da súa abertura Saul.