Grelo
Grelo | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
|
O grelo[1] é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa). Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.
A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.
Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.
O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.
Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.
Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.
- Do nabo sae a nabiza,
- Da nabiza sae o grelo,
- son tres persoas distintas
- e un so Deus verdadeiro.
No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.[2][3]
Propiedades
editarAdemais de posuír un alto contido en vitaminas, os grelos axudan a previr o cancro.[4] Esta propiedade foi descuberta pola Misión Biolóxica de Galicia, centro dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O causante desta son os glucosinolatos os mesmos causantes do sabor acedo característico da verdura.[4]
Entre as vitaminas destaca o seu alto contido en calcio, facendo do grelo unha alternativa ao leite para os alérxicos á lactosa e recomendables para persoas que padezan de osteoporose.[4]
Cando se somete ao grelo ás altas temperaturas da cocción, parte dos nutrientes pérdense de xeito irremediable mentres que outra parte fican no alimento e na auga onde se cocen, polo que é recomendable comelos co seu caldo para aproveitar así os glucosinolatos preventores do cancro. Outros xeitos de conservar as súas propiedades son a súa cocción ao vapor ou pasalos na prancha.[4]
Grelos de Galicia
editar- Artigo principal: Grelos de Galicia.
O 8 de xaneiro de 2010 aprobouse o regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia [5]. Recolle dúas variedades ou ecotipos, de Santiago e de Lugo.
Produción en Galicia
editarSegundo os datos da Consellería de Medio Rural, cada ano, apáñanse en Galicia arredor de 100.000 toneladas de grelos.[4] Calcúlase que en Galicia existen unhas 6.500 hectáreas dedicadas ao cultivo deste vexetal para o consumo humano, polo que a superficie total é superior a esta cifra ao haber outras plantacións nas que a colleita emprégase como complemento na alimentación do gando.[4]
No ano 2004, segundo as Contas Económicas da Agricultura, o grelo destinado ao consumo humano supuxo o 15% das producións hortícolas de toda a comunidade.[4] Isto supón o 40% dos 16,7 millóns de euros que acada a venda de grelo galego cada ano.[4] A temporada do grelo é de outubro a febreiro.
A produción actual de grelos non só se comercializa en fresco, hai empresas que ofrecen os grelos en conserva, conxelados e deshidratados.
Os grelos na cultura popular galega
editar- Artigo principal: Os nabos na cultura popular galega.
Nabo, Probou a vella os grelos Non chas quero, non chas quero, Patacas novas, |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grelo.
- ↑ A RAG acepta o termo "greleiro" Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 28/01/2008 (en castelán) Consultada 0 28/1/2012.
- ↑ "O termo greleiro | Vídeo". Portal das Palabras. Consultado o 2022-10-11.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Os greleiros aumentarán a produción para conquistar o mercado español El Progreso (en galego) Consultada o 25/03/2020.
- ↑ DOG nº 4, de 8.01.2010. O rexistro europeo xa fora establecido por Regulamento 1029/2009, de 29 de outubro (DOUE 283, de 30.10.2009).