Gripe porcina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
A gripe porcina é unha doenza infecciosa provocada por un virus gripal, coñecido como virus da gripe porcina que é propio dos porcos. Os virus gripais porcinos máis frecuentes pertencen ó subtipo H1N1 pero tamén se encontran outros subtipos: H1N2, H3N1, H3N2 e H2N3. Aínda que a gripe porcina non afecta polo xeral a persoas, existen casos esporádicos de infeccións, xeralmente en individuos con contacto intenso con porcos e aves de curral e os síntomas son semellantes aos da gripe humana: febre, cambras, dor de gorxa e musculares, tose, malestar xeral e nalgúns casos náuseas, vómitos e diarrea.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gripe porcina |