Groninga
Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.
Groningen (nl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Provincia de Groninga - Provincie Groningen | ||||
Concello | Groningen (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 238.147 (2023) (2.845,58 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa Gronings (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 83,69 km² | ||||
Bañado por | Noord-Willemskanaal (en) e Drentsche Aa (en) | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Koen Schuiling (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 9700–9747 | ||||
Prefixo telefónico | 050 | ||||
Código BAG | 1070 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Katowice Odense Newcastle upon Tyne Tianjin Talín Graz (1965–) Oldenburg (1989–) Múrmansk (1989–) Kaliningrado (1998–) Bremen (2009–) | ||||
Sitio web | groningen.nl |
- Para a provincia homónima, véxase Provincia de Groninga.
Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicir "os cidadáns", por contraste coa rexión circundante que é sobre todo un país agrícola.
Historia
editarGroningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dos primeiros membros da Liga hanseática: no 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.
En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona especialmente polos seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten grande importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.
Economía
editarDesde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos próximos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentarias, en particular as de refinamento de azucre de remolacha.
Municipio
editarGroninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.
Lugares de interese
editarEntre outros salientan:
- Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, cunha torre de 94 m (Martinitoren); a ábsida está decorada con frescos do século XVI;
- Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
- Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
- Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;
Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).
Museos
editar- Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
- Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
- Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación co tabaco
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Groninga |