Gubernia

antiga subdivisión administrativa do Imperio Ruso e de varios estados soviéticos

A gubernia (en ruso: губерния; IPA: gu'bʲɛrnʲɪjə) constituía a maior subdivisión administrativa do Imperio ruso. Pódese traducir como gobernación ou provincia.

Subdivisións do Imperio ruso en 1914.

A gubernia estaba rexida por un gobernador (en ruso: губернатор, gubernátor).

Historia

editar

Esta subdivisión creouse a partir do ucas de Pedro I do 18 de decembro de 1708, que dividiu o país en oito gubernias. En 1719, as gubernias foron subdivididas en provincias (провинции). Despois, o número de gubernias aumentou a 23.

Pola reforma de 1775 baixo o reinado de Catarina II (1762-1796),[1] a subdivisión das gubernias aumentou, e estas dividíronse en uyezds (уезды). Esta subdivisión baseábase na cantidade de poboación, e o termo gubernia foi substituído polo seu sinónimo namiéstnichiestvo (en ruso: наместничество), ás veces traducido como "vicerreino".

Polo ucas do senado ruso do 13 de decembro de 1796 restableceuse o status oficial de Gobernación Xeral , e Rusia volveuse a dividir en gubernias, que se subdividiron en uyezds que, á súa vez, se dividían en vólosts (волость).

A subdivisión existiu até a Revolución rusa de 1917. Tras da Revolución de febreiro, o goberno provisional ruso renomeou as gobernacións como comisarías gobernamentais. A Revolución de outubro (1917) non cambiou as divisións administrativas, pero o aparato gobernamental foi substituído por soviets gobernamentais (губернский совет).

As divisións territoriais da Unión Soviética sufriron infinidade de cambios, especialmente durante o período de 1918-1929. Finalmente, en 1929, o territorio quedou dividido en novas unidades: óblast, ókrug e raión.

Na Rusia moderna o termo gubérniia é obsoleto, e a palabra gubernátor úsase para os gobernadores de oblasts ou krais.

Nalgúns estados efémeros xurdidos na descomposición do Imperio ruso en 1918, como o Estado ucraíno, tamén se utilizou a palabra gubernia para denominar ás súas divisións administrativas territoriais.

Derradeiras gubernias de Rusia

editar

En 1911 instituíronse as que foron derradeiras gobernacións do Imperio Ruso:[Cómpre referencia]

  1. Cf. mapa "La russie de Catherine II", no Atlas historique Larousse, 1978, p. 154.
  NODES
ELIZA 1
iOS 2
os 17
todo 1