Gustave Flaubert

escritor francés


Gustave Flaubert, nado en Ruán o 12 de decembro 1821 e finado en Canteleu (Croisset, Normandía) o 8 de maio de 1880, foi un escritor francés. O seu estilo podería identificarse entre o psicoloxismo de Stendhal e o naturalismo de Émile Zola.

Modelo:BiografíaGustave Flaubert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1821 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1880 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Croisset, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière monumental de Rouen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCanteleu (1844–1880)
París (1841–)
Reims
Ruán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónInternational lycée François-Ier (en) Traducir
Paris Law Faculty (en) Traducir
Lycée Pierre-Corneille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, escritor Editar o valor en Wikidata
MovementoRealismo literario Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAdolphe Chéruel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaLouise Colet Editar o valor en Wikidata
PaiAchille Cléophas Flaubert Editar o valor en Wikidata
IrmánsAchille Flaubert Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
29 de xaneiro de 1857-7 de febreiro de 1857Q121160154 Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0281306 Allocine: 36919 Allmovie: p309470 Metacritic: person/gustave-flaubert IBDB: 5980
Galiciana: 160934 BNE: XX869379 Bitraga: 704 Dialnet: 2232363 iTunes: 1450325461 Musicbrainz: 8d1cb829-5591-4286-bea6-61c085db0fbe Discogs: 769158 Allmusic: mn0001651397 WikiTree: Flaubert-1 Find a Grave: 4325 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Naceu no seo dunha familia da pequena burguesía católica e de devanceiros protestantes. Gustave Flaubert é o segundo fillo de Achille Cléophas Flaubert (1784-1846), cirurxián xefe no Hôtel-Dieu (hospital) de Ruán, e da súa esposa, Anne Justine Caroline Fleuriot (1793-1872), fila dun médico de Pont-L'Évêque. Foi o quinto fillo da parella, logo dunha irmá e dous irmáns mortos a unha curta idade, foi afastado en favor do seu irmán máis vello, Achille, brillante alumno admirado pola familia (e que acabou sucedendo o seu pai como cirurxián xefe do Hôtel-Dieu de Ruán). Gustave Flaubert viviu unha infancia sen alegría, marcado polo ambiente sombrío do piso do seu pai no hospital da vila (hoxe en día museo Flaubert e de historia da medicina, pero dulcificada pola súa complicidade coa súa irmá máis nova, Caroline, nada tres anos máis tarde ca el.

Adolescente de exaltacións románticas, sentiuse xa atraído pola escritura durante a súa idade escolar vivida sen entusiasmo como interno no Collège Royal e desde 1832 no instituto de Ruán. Alí coñeceu a Ernest Chevalier, con quen creou en 1834 Art et Progrès, un periódico manuscrito onde fixo aparecer o seu primeiro texto público. En decembro de 1839 foi expulsado por indisciplina, e aprobou o bacharelato por libre en 1840.

O primeiro fito notable na súa xuventude foi cando coñeceu en Trouville-sur-Mer, durante o verán de 1836, a Élisa Schlésinger que deixará unha forte pegada nel ata a fin dos seus días. Trasladou esta paixón muda, coa carga emocional que ela desenvolve nel, na súa novela L'Éducation sentimentale, en particular na famosa páxina da «aparición» de Madame Arnoux ao respecto do mozo Frédéric e do seu último encontro espiñento.

Empezou estudos de dereito pero sen rematalos, pois sufría de epilepsia. No 1848 presenciou a Revolución en París e dende maio dese mesmo ano ata setembro de 1849 viaxou co seu amigo Maxime Ducamp por Exipto, Xerusalén, Constantinopla e Italia.

  • Madame Bovary[1] (1857).
  • Salammbô (1862)
  • A educación sentimental[2] (1869).
  • La Tentation de saint Antoine (1874) - ("A tentación de santo Antonio")
  • Tres contos[3][4] ("Un corazón simple", "Herodías" e "A lenda da San Xulián o hospitalario") (Trois contes: "Un cœur simple", "La Légende de Saint Julien l’Hospitalier", "Hérodias") (1877).
  • Bouvard e Pécuchet[5] (1881).
  • Lettres à la municipalité de Rouen (1872) - ("Cartas ó concello de Rouen")
  • Le Candidat (1874) - ("O candidato")
  • Le Château des cœurs (1880) - ("O castelo dos corazóns")
  • Mémoires d’un fou (1838) - ("Memorias dun tolo")
  • À bord de la Cange (1904) - ("A bordo do Cange")
  • Par les champs et les grèves (1910) - ("Polas leiras e as folgas")
  • Dictionnaire des idées reçues (1913) - ("Dicionario de ideas recibidas")
  • Œuvres de jeunesse inédites (1910) - ("Obras de mocidade inéditas")
  • Lettres inédites à Tourgueniev (1947) - ("Cartas inéditas a Turgeneiev")
  • Lettres inédites à Raoul Duval (1950) - ("Cartas inéditas a Raoul Duval")
  • Un coeur simple" (1876) - ("Un corazón simple")
  1. Traducido ao galego por Antonio Pichel, publicado por Editorial Galaxia en 1994.
  2. Traducido ao galego por Isabel Soto, publicado por Editorial Hugin e Munin en 2022.
  3. Traducido por Emma Lázare e publicado por Editorial Galaxia en 2007.
  4. Ficha Arquivado 10 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  5. Traducido ao galego por Ana María Galego Gen, publicado por Editorial Toxosoutos en 2005.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
Done 1
orte 3