Hálych
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Halych ou Hálych (en ucraíno: Галич, en ruso: Га́лич; en alemán: Halytsch, Halitsch ou Galitsch;[1] en yiddish: העליטש; Halicz en polaco) é unha cidade histórica á beira do río Dnister no oeste de Ucraína. A cidade recibe o nome do Principado de Halych, a histórica provincia de Halychyna (actual Galicia na Europa do Central) e do Reino de Galicia–Volinia[2][3] do que foi capital até principios do século XIV, cando a sede dos gobernantes locais trasladouse a Lviv.
Галич (uk) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Oblast de Ivano-Frankivsk (pt) | |||
Raião da Ucrânia (pt) | Ivano-Frankivsk Raion (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 6.155 (2021) (249,49 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 24,67 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 77100 | |||
Fuso horario | ||||
Identificador KOATUU | 2621210100 | |||
Sitio web | galych-rada.gov.ua |
Na actualidade, Halych é unha pequena vila situada só nunha parte do territorio da antiga capital da Galicia dos Cárpatos, aínda que conserva o seu nome. Pertence ao raión de Ivano-Frankivsk (distrito) da óblast de Ivano-Frankivsk (rexión). Alberga a administración de Halych Urban Hromada, unha das Hromadas de Ucraína.[4] Halych atópase 26 km (16 mi) ao norte da capital do oblast, Ivano-Frankivsk
Topónimo
editarO topónimo "Galicia" provén do nome da cidade en latín.[5] Porén, o termo derivou a Halicz (o seu nome en polaco) e deu o seu nome á Galicia do leste de Europa. Segundo o profesor Larry Wolff da Universidade de Nova York, durante a partición de Polonia os Habsburgo o reino da Galiza ibérica inspirou en certa medida o nome centroeuropeo para dar lexitimidade histórica e crear unha identidade á nova provincia do Imperio austrohúngaro. A casa dos Austria reinara sobre o reino galego do noroeste da Península Ibérica, tomado polos Borbóns na Guerra de Sucesión e "O nome por tanto estaba dispoñíbel para eles en 1772, e servía de forma latina do antigo principado de Halych".[6]
Antiga cidade de Halych
editarEsta cidade foi capital do Principado de Galicia e do Principado de Galicia-Volyn até o século XIV cando o trono é trasladado a Leópolis (Lviv).
En 1994, o goberno ucraíno creou a Reserva Nacional Antiga Halych, que inclúe a actual aldea de Krylos, para preservar o patrimonio histórico-cultural.[7]
Actual cidade de Halych
editarÉ a cidade central do raión Halych (distrito) na provincia de Ivano-Frankivsk (Іва́но-Франкі́вська о́бласть).
Está a 26 km da cidade de Ivano-Frankivsk, a capital da provincia. A poboación de Hálych estímase en 6.406 habitantes.
Galería
editarNotas
editar- ↑ East-Galisia/a-word-determination.htm ¿Era Galicia?[Ligazón morta], galizien-deutsche.de
- ↑ [http: //www.ukrainiansintheuk.info/eng/00/glossary-e.htm Ucraíno Glosario histórico]
- ↑ "History of Galicia". www.torugg.org. Consultado o 2022-11-24.
- ↑ gromada.info/ru/obschina/galycka/ |publisher=small-scale- idioma |language=ru}}
- ↑ "Place-Names, Landmarks of History, in the West-European War Zone—(II.)" (en inglés) 85 (8). 1 de mayo de 1917: 216. ISSN 0022-0574. doi:10.1177/002205741708500820. Consultado o 25 de agosto de 2022.
Galicia takes its name from the town Halicz, Latinized.
- ↑ Wolff, Larry (2010). The Idea of Galicia: History and Fantasy in Habsburg Political Culture (en inglés). Stanford: Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6267-0.
- ↑ "Запрошуємо до "Давнього Галича"! (mapa interactivo)". www.davniyhalych.com.ua (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-24.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hálych |
Outros artigos
editar- Galicia (Europa Central)
- Reino de Galicia-Volinia
- Dinastía Rurícovich
- Ucraína
- Lingua ucraína
- Lei lingüística de Ucraína (2019)
Ligazóns externas
editar- Reserva "Antiga Hálych" (en ucraíno e inglés).