Hakucho (satélite)
Hakucho (cisne en xaponés) foi un observatorio espacial da ISAS lanzado o 21 de febreiro de 1979 mediante un foguete Mu-3C desde o Centro Espacial de Kagoshima. Previamente ao lanzamento o satélite era coñecido como CORSA-B.[1][2][3][6]
Hakucho / Corsa-B | |
---|---|
Hakucho antes de ser lanzado. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | ISAS |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 21 de febreiro de 1979[1][4][5][6] |
Foguete portador | Mu-3C[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kagoshima[1][2] |
Obxectivo da misión | Medición do vento na superficie terrestre, estudo de perturbacións xeomagnéticas.[1][2] |
Decaemento | 15 de abril de 1985[4] |
NSSDC ID | 1979-014A |
Masa | 96 kg[1] |
Dimensións | Prisma octogonal de 80 cm de ancho e 65 cm de alto[1] |
Características
editarHakucho foi o sexto satélite xaponés en ser lanzado. Tiña forma de prisma octogonal cunha anchura de 80 cm e unha altura de 65. Pesaba 96 kg e estabilizábase mediante xiro a entre 5 e 8 r.p.m., co eixo apuntable mediante a modificación do torque magnético do satélite. Levaba a bordo once detectores de varios tipos para observar o ceo en raios X. Catro dos detectores tiñan un campo de visión perpendicular ao eixo de rotación e estudaban o ceo nunha ampla zona á busca de novas e fenómenos transitorios. Os outros sete detectores tiñan campos de visión ó longo do eixo e foron usados para estudar corpos celestes seleccionados. Os datos podían ser enviados a terra en tempo real ou almacenados a bordo nunha grabadora de cinta.[1][2][3][6]
Os obxectivos de Hakucho eran:
- Un estudo sistemático e observación de fenómenos en raios X esporádicos.
- Observación de fontes de raios X concretas cunha cobertura espectral de entre 0,1 e 100 keV.
- Estudo das pulsacións e variacións a curto prazo das fontes de raios X.
- Estudo do fondo de raios X no rango por debaixo do keV.
Antes de Hakucho lanzouse o CORSA-A, que non chegou a alcanzar órbita.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (20 de marzo de 2019). "Hakucho" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2019). "Corsa A, B" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Corsa A, B (Hakucho)" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "HAKUCHO (CORSA-B)" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CORSA B / Hakucho" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Note verbale dated 31 July 1979 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-22333). 28 de agosto de 1979: 2. Consultado o 6 de maio de 2019.