Hannah Montana
Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que se emitiu en Disney Channel durante catro tempadas entre o 24 de marzo de 2006 e o 16 de xaneiro de 2011. Coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunto con That's So Raven foi un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.
Hannah Montana | |
---|---|
Xénero | Sitcom |
Creado por | Michael Poryes Rich Correll Barry O'Brien |
Intérpretes | Miley Cyrus Emily Osment Mitchel Musso Jason Earles Moisés Arias Billy Ray Cyrus |
Tema de apertura | "The Best of Both Worlds" por Miley Cyrus |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 98 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Steven Peterman Michael Poryes |
Duración | 23–24 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Disney Channel |
Formato de son | Stereo |
Primeiro episodio | 24 de marzo de 2006 |
Derradeiro episodio | 16 de xaneiro de 2011 |
Na rede | |
http://disneychannel.disney.com/hannah-montana | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie.
Sinopse
editarA serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.[1]
Episodios
editarTempada | Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Inicio | Final | |||
1 | 26 | 24 de marzo de 2006 | 30 de marzo de 2007 | |
2 | 30 | 23 de abril de 2007 | 12 de outubro de 2008 | |
3 | 30 | 2 de novembro de 2008 | 14 de marzo de 2010 | |
4 | 13 | 11 de xullo de 2010 | 16 de xaneiro de 2011 |
Notas
editar- ↑ Bickford, Tyler (2015). "Tween Intimacy and the Problem of Public Life in Children's Media: "Having It All" on the Disney Channel's Hannah Montana". Women's Studies Quarterly (Feminist Press) 43 (1): 66–82. JSTOR 43958468. doi:10.1353/wsq.2015.0022. Consultado o 24 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Hannah Montana na IMDb (en inglés).