Hattusilis I

rei dos hititas de -1650 a -1620

Hattusilis I ou Labarnas II (Labarnaš II Hattusiliš I) foi rei dos hititas sobre o -1650 a -1620.

Modelo:BiografíaHattusilis I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XVII a. C. Editar o valor en Wikidata
Kussar, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte1620 a. C. Editar o valor en Wikidata
Kussar, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKussar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHayastar Editar o valor en Wikidata
FillosHuzziyas, Happi, Labarnas, Hastajaras, Pimpira Editar o valor en Wikidata
PaiPapahdilmah Editar o valor en Wikidata
IrmánsQ695778
Labarnas I Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Suponse que era fillo de Papahdilmah (ou dun irmán deste, tamén desherdado) xa lle chaman "fillo dun irmán de Tawananna"; a herdanza transmitíase de pai a fillo e de máis vello a máis novo, pero, cando non había sucesión, esta seguía polo fillo home máis vello da irmá; neste caso é preciso supoñer que Tawananna, que era a herdeira principal polo seu pai, non tivo fillos, e, xa que logo, a herdanza pasou ao sobriño; Papahdilmah é o único irmán coñecido da raíña, pero case seguro de que había máis, e polo tanto o pai de Hattusilis non está determinado.

O seu nome quería dicir "O home de Hattusa". O seu título foi Gran rei, rei de Hatti, señor de Kushara, e Sol meu. Labarnas foi o seu nome de reinado e o título. A súa muller foi Kaddusis (Kaddušeš). coñécenselle algúns fillos: Huzziyas, gobernador de Tappasanda (Tappaššanda), que foi deposto por rebelarse contra o pai; Labarnas ou Labarnaš (fillo dunha irmá pero adoptado por Hattusilis); a filla Hastayar, que foi a nai de Mursilis I; e outra filla de nome descoñecido.

É posíbel que fose este rei o que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro (na rexión da clásica Amisos, na desembocadura do moderno Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar), e saqueouna e destruíuna. Adaniya (Cilicia) xa tiña que ser posesión hitita, pois o rei fixo campaña o primeiro ano a Siria.

Campañas militares

editar

Os seus anais dan detalle das súas campañas militares:

  • Ano primeiro, en que puido facer a campaña mencionada de Zalpa, xa que se menciona o nome (porén parece referido a unha cidade do suroeste e non do norte). A primeira cidade atacada foi Sanawitta ou Sanahwitta, cidade na que Pusarrumas designara herdeiro a Labarnas I; asolou o seu territorio e estableceu unha gornición nas inmediacións, pero non entrou na cidade; a seguir atacou Zalpa ou Zabar, que destruíu, capturando algúns carros de combate, que ofreceu como trofeo á deusa solar de Arinna; tamén fixo ofrendas no templo da deusa Mezulla, unha das nove deidades de Zalpa.
  • Ao seguinte ano pasou por Adaniya e polo paso principal entrou en Siria por Alalakh, onde era rei Ammitaqu, que era vasalo de Ammurapi de Alepo, cidade que foi destruída; entón dirixiuse a Warsuwa ou Ursu (Waršuwa ou Uršou) gobernada por un rei (chamado talvez "o servidor do deus das tormentas") supostamente vasalo de Kargamis (Kargamiš, Karkemish), que asediou. A cidade parece que tivo a axuda do rei de Alepo, do de Zaruar, do de Zuppa e dos hurritas, pero finalmente foi ocupada, e despois desta Ikakali e ao final Tashiniya e Tishiniya (Teušhiniya ou Tišhiniya).
  • Ao terceiro ano dirixiuse ao occidente, a Arzawa, pero non puido ocupar ningunha cidade e tívose que limitar a saqueos de colleitas e gando. Non se menciona ningún desastre militar pero talvez o houbo, xa que os hurritas invadiron os dominios hititas ao leste, e outras terras hititas vanse rebelar; despois da campaña o rei só dominaba Hattusa. A crónica di que coa axuda da deusa solar de Arinna comezou a reconquistar as terras perdidas: primeiro Nenasa (Nenašša, a moderna Ak Saray), que lle abriu as portas. Despois librou dúas batallas contra Ulma ou Ullumma (ao sur do país, non ben localizada), que foi destruída; volveu entón ao norte co botín (sete deidades, un boi de prata e a deusa Katiti do monte Hapilanni), que ofreceu á deusa de Arinna, e o resto do botín ofreceuno ao templo da deusa Mezulla. Despois foi a Sallahsuwa (Šallahšuwa, ao sur ou suroeste), onde os seus partidarios se rebelaran, e entregouse ao rei; despois o rei volveu á súa capital.
  • Ao seguinte ano fixo campaña contra Sanahuitta ou Sanahut (Šanahuitta ou Šanahut, ao norte ou nordeste de Hattusa), que destruíu ao sexto mes e volveu a ofrendar o botín á deusa de Arinna. Derrotou entón aos carros de combate da Terra de Abbaya e a seguir atacou a cidade de Parmanna, que encabezaba unha coalición contra o rei hitita e que foi tomada sen resistencia. O último fito da súa campaña foi a conquista e destrución de Alakhkha, cidade de situación descoñecida ata agora.
  • O quinto ano renovou a campaña de Siria; despois de destruír a cidade de Zaruna combateu contra a cidade hurrita de Hasu (Haššou), ao leste do Éufrates, que probabelmente era o reino coñecido en asirio como Reino de Mama, operacións dirixidas polo xeneral e xefe da garda real Lapalsis (Lepalšeš) e talvez por un funcionario da corte chamado "fillo de Karahnuilis".

Ammurapi II, rei de Iamkhad (Alepo), fillo de Yarim-Lim III, enviou aos seus xenerais Zukraše e Zaludi con forzas para axudaren á defensa da cidade, pero serían derrotadas por Hattusilis nas montañas Adalur (clásico Amanus) e cruzou o Éufrates (foi o primeiro rei hitita que o fixo) e destruíu Hasu, e volveu a Hattusa co botín, ofrecéndoo ao templo do deus das tormentas. Despois marchou contra Tawanaga e capturou ao seu rei e decapitouno; a seguir destruíu Zippasna e ofreceu o botín á deusa de Arinna, e despois foi contra Hahhu ou Hakhkhu, que conquistou despois de tres combates aos arredores da cidade (outra vez o botín foi para a deusa de Arinna).

A crónica detense neste ano. Non se sabe cando foi sometido o reino de Arzawa (Anatolia occidental) feito testemuñado historicamente. Tamén foi sometida Wilusa ou Wiluša (Tróade). Arzawa era un reino formado polo menos por cinco reinos (Arzawa, Mira, Hapalla, Río Seha, e Wilusa) ás veces confederados e outras non. Wilusa (Wiluša) foi a homérica Ilios ou Ilión, probabelmente a rexión da Tróade, pero sen incluír Troia, que debía de ser un estado separado (Troia en hitita = Taruisa ou Taruiša). A capital de Arzawa era Apasas (Apaša) probabelmente Éfeso, e o reino era de poboación luvita. Arzawa non tardou en recuperar a independencia, pero Wilusa permaneceu como aliada dos hititas como se testemuña polos agasallos enviados periodicamente desde Wilusa ao rei hitita.

Hattusilis levou un novo ataque contra Alepo, onde resultou ferido. O reino de Alepo (Iamkhad) incluía o reino vasalo de Alalakh (que controlaba o paso entre Asia Menor e Siria). O rei foi derrotado e algúns territorios ocupados pero a capital non foi conquistada. Iamkhad quedou reducida porén a un reino secundario.

O rei volveu ferido á súa capital. O seu fillo Huzziyas fora desherdado por rebelión contra o pai (as grandes casas de Tappasansa pedían exencións fiscais e arrastrárono á revolta, que foi sufocada por Hattusilis) e o seu sobriño Labarnaš, adoptado como fillo sucesor, non mostrou suficiente interese pola súa saúde e o rei di "que só escoita as palabras dos seus irmáns, irmás e da súa nai, unha serpe", e decidiu desherdalo: enviouno a un templo e nomeouno sacerdote. O rei nomeou sucesor ao seu neto Mursilis, fillo de Hastayar, unha filla do rei, a pesar de que aínda era nova, e foi este quen o sucedeu.

Hititas

Segue a:
Labarnas I
Hattusilis I
Precede a:
Mursilis I
  NODES
todo 1