Heikki Kovalainen

Heikki Kovalainen, nado en Suomussalmi o 19 de outubro de 1981, é un piloto finés. Foi un piloto de F1, que correu en diferentes escuderías. Comezou en Renault no 2007. No 2008 fichou por McLaren-Mercedes, completando toda a tempada, e seguiu durante o 2009. Xa no 2010 marchou para Lotus, que despois no 2011 pasouse a chamar Caterham, e seguiu nela un ano máis.

Modelo:BiografíaHeikki Kovalainen

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Heikki Johannes Kovalainen Editar o valor en Wikidata
19 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Suomussalmi, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Lotus Racing Editar o valor en Wikidata

Sitio webheikkikovalainen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2651540 Twitter: H_Kovalainen Instagram: heikkikovalainen Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Desde o karting ata a Fórmula 1

editar

Como moitos outros pilotos que militan na máxima categoría do automobilismo, Kovalainen comezou a súa carreira no karting en 1991, onde gañou varios campionatos, como o Elf Masters en 2001. Nese mesmo ano pilotou o coche número 4 na Fórmula Renault Británica, para posteriormente acabar na Fórmula 3 Británica onde en 2002 estivo ao volante dun coche do equipo Fortec.

Un ano despois, en 2003, chegou a súa consagración definitiva aos mandos dun coche da World Series by Nissan. Tras unha tempada de aprendizaxe en Gabord, gañou o campionato en 2004 grazas ao equipo Pons, e Arden International non dubidou en fichalo para pilotar un dos seus coches na categoría GP2, que substituía á extinta Fórmula 3000. Tras un comezo de ano espectacular, Nico Rosberg, cun ART arrebatoulle o título da GP2 de 2005.

Fórmula Un

editar

Renault (2004–2007)

editar

2004–2006

editar

Ademais, en 2004, xa integrado no programa de novos pilotos de Renault, conseguiu gañar a Carreira de Campións, onde logrou bater nada menos que a Michael Schumacher, heptacampeón do mundo de Fórmula 1, e a Sébastien Loeb Campión do Mundo de Rally cun coche desa competición automobilística. Todos os presentes non saían do seu asombro ao ver como o mozo Kovalainen gañaba a Loeb no seu propio terreo.

Primeiro probador de Renault e salto a piloto oficial

editar

2006 foi o ano de confirmación en Renault, converténdose no primeiro probador da escuadra que loitou polo Campionato do Mundo de F1 con Ferrari, saíndo finalmente vitoriosa a escuadra gala grazas aos dous últimos Grandes Premios do ano. Pouco antes do GP de Monza, Flavio Briatore confirmou que Heikki Kovalainen sería piloto oficial en 2007 xunto ao italiano Giancarlo Fisichella, tras a marcha de Fernando Alonso a McLaren-Mercedes. No debut de Kovalainen no Gran Premio de Australia non logrou sumar puntos ao chegar no 10º posto.

De momento tivo un comezo discreto cun coche discreto, aínda que non deixa de ser unha aposta de futuro na Fórmula 1.

 
Kovalainen probando para Renault F1 en 2006, en Valencia.

A tempada de F1 2007 foi a primeira na carreira de Heikki Kovalainen, o seu debut foi no Gran Premio de Australia, onde finalizo 10mo. O seu comezo foi algo frouxo, con moitos erros que lle impediron que este na zona puntos, e deste xeito ser superado polo seu compañeiro Giancarlo Fisichella, con todo o seu nivel de pilotaxe mellorou e obtivo as súas mellores producións ata o momento que foron un 4º posto no Canadá e 5º nos Estados Unidos, onde chegou a liderar a carreira por varios xiros. Kovalainen acabou adiantando a Fisichella no Mundial no GP de Turquía de 2007, onde fixo unha gran carreira acabando sexto. Máis tarde chegou o gran premio do Xapón en Fuji, onde logrou un 2º posto sendo o seu primeiro podio na fórmula 1.

McLaren (2008–2009)

editar

Ao final da tempada 2007 Fernando Alonso regresou a Renault e Kovalainen recibiu ofertas de Toyota e McLaren.[1][2] O 14 de decembro de 2007 confirmouse que Kovalainen substituiría a Alonso unha vez máis e pilotaría un McLaren Mercedes de F1 en 2008, xunto a Lewis Hamilton.[3][4] Kovalainen uniuse a Keke Rosberg, Mika Häkkinen e Kimi Räikkönen como pilotos finlandeses que pilotaron un McLaren.

Lotus (2010–2011)

editar
 
Kovalainen pilotando un Lotus no Gran Premio de Malaisia de 2010.

O 14 de decembro de 2009 anunciouse, que Kovalainen pilotaría para Lotus Racing en 2010, xunto a Jarno Trulli.[5] O equipo fixo o seu debut no Gran Premio de Bahrain de 2010 o 14 de marzo de 2010. O coche estaba fóra de ritmo nas probas de pretempada, debido á falta de carga aerodinámica causada pola necesidade dun deseño inicial conservador.[6] Kovalainen terminou na décimo quinta posición na carreira, dúas voltas por detrás do gañador Fernando Alonso.

En Australia, Trulli non iniciou a carreira e Kovalainen finalizou 13º. En Malaisia, Kovalainen retirouse a 10 voltas para o final, e rematou décimo cuarto na China, mentres que en España Kovalainen non puido saír debido a problemas coa caixa de cambios. Retirouse en Mónaco con problemas de dirección, e en Turquía con problemas hidráulicos. Kovalainen finalizou 16º en Canadá, a dúas voltas do gañador.

En Valencia na volta 9 o Red Bull de Mark Webber golpeou o Lotus de Kovalainen e saíu voando por encima, antes de aterrar na barreira. Kovalainen chegou aos pits, pero retirouse da carreira. Finalizou no 17º lugar en Silverstone e 14º en Hungría intercalando a súa cuarta retirada da tempada en Alemaña, debido á danos causados por unha colisión co Sauber de Pedro de la Rosa. Retirouse unha vez máis no Gran Premio de Singapur de 2010 despois de que o seu coche incendiarase na última volta, malia a súa decisión de non entrar no pit lane e deixar o coche ao carón da pista e facer el mesmo fronte ás chamas recibiu o aplauso da multitude.

 
Kovalainen pilotando un Lotus en Gran Premio de Italia de 2011.

Kovalainen quedou con Lotus en 2011. Na carreira de apertura en Australia, viuse obrigado a retirarse logo dunha fuga de auga, antes de lograr terminar a súa primeira carreira da tempada en Malaisia, onde terminou 15º, rematou no 16º posto na China. Terminou 19º en Turquía e estrelouse en España, logo de partir do 15º posto na grella. Terminou 14º en Mónaco e 19º no Gran Premio de Europa de 2011, retirouse en Canadá e Gran Bretaña. Kovalainen finalizou 16º no Gran Premio de Alemaña de 2011, antes doutra retirada debido a unha fuga de auga en Hungría. Kovalainen terminou cada unha das seguintes cinco carreiras, cunha mellor posición de 13º no Italia. Terminou na volta do líder, no posto 18º no Gran Premio do Xapón de 2011, e terminou por diante do Sauber de Kamui Kobayashi e Sergio Pérez en Corea, no posto 14º. Na India, Kovalainen finalizou 14º chegando a alcanzar o décimo lugar na carreira.

Durante a tempada, Kovalainen clasificouse por diante dos seus compañeiros Trulli e Karun Chandhok en 17 das 19 carreiras disputadas, e o director Tony Fernandes declarou que estaba satisfeito co rendemento de Kovalainen na tempada.[7]

Caterham (2012–2013)

editar
 
Kovalainen, co seu novo deseño de casco co tema Angry Birds, pilotando para Caterham no Gran Premio de Malaisia de 2012.

Kovalainen foi contratado polo equipo Caterham F1 para 2012 por terceiro ano consecutivo, xunto a Vitaly Petrov. Esa tempada foi máis estable, xa que Kovalainen terminou todas as carreiras, logo do primeiro Gran Premio de Australia.

Kovalainen e Petrov fóronse en favor de Charles Pic e Giedo van der Garde antes da tempada 2013, pero Kovalainen quedou en bos termos con Caterham, e asistiu ao Gran Premio de Malaisia como invitado persoal de Tony Fernandes.[8] Antes do Gran Premio de Bahrain, o equipo anunciou que volvera a asinar a Kovalainen como un dos seus pilotos de reserva, en substitución de Ma Qing Hua e xunto a Alexander Rossi, participaran nas primeiras sesións de adestramentos libres en Bahrain e España.[9]

Lotus (2013)

editar

O 14 de novembro o ano 2013 foi confirmado por Lotus que Kovalainen substituiría a Kimi Räikkönen como piloto oficial, Räikkönen tiña que operarse das costas. Kovalainen correrá no Gran Premio dos Estados Unidos e no Gran Premio do Brasil.

Resultados completos F1

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto Final Puntos
2007 Renault AUS

10

MAL

8

BAH

9

ESP

7

MON

13

CAN

4

USA

5

FRA

15

RU

7

EUR

8

HUN

8

TUR

6

ITA

7

BEL

8

XPN

2

CHN

9

BRA

-

30
2008 McLaren Mercedes AUS
5
MAL
3
BAH
5
ESP
Ret
TUR
12
MON
8
CAN
9
FRA
4
RU
5
ALE
5
HUN
1
EUR
4
BEL
10
ITA
2
SIN
10
XPN
Ret
CHN
Ret
BRA
7
53
2009 McLaren Mercedes AUS
Ret
MAL
Ret
CHN
5
BAH
12
ESP
Ret
MON
Ret
TUR
14
RU
Ret
ALE
8
HUN
5
EUR
4
BEL
6
ITA
6
SIN
7
XPN
11
BRA
12
ABU
11
12º 22
2010 Lotus BAH
15
AUS
13
MAL
18
CHN
14
ESP
NTS
MON
Ret
TUR
Ret
CAN
16
EUR
Ret
RU
17
ALE
Ret
HUN
14
BEL
16
ITA
18
SIN
16
XPN
12
RCO
13
BRA
18
ABU
17
20º 0
2011 Lotus AUS
Ret
MAL
15
CHN
16
TUR
19
ESP
Ret
MON
14
CAN
Ret
EUR
19
RU
Ret
ALE
16
HUN
Ret
BEL
15
ITA
13
SIN
16
XPN
18
COR
14
IND
14
ABU
17
BRA
16
22º 0
2012 Caterham AUS
Ret
MAL
18
CHN
23
BAH
17
ESP
16
MON
13
CAN
18
EUR
14
RU
17
ALE
19
HUN
17
BEL
17
ITA
14
SIN
15
XPN
15
COR
17
IND
18
ABU
13
USA
18
BRA
14
22º 0
2013 Caterham F1 Team AUS MAL CHN BHR
TD
ESP
TD
MON CAN GBR ALE HUN BEL
TD
ITA
TD
SIN COR XPN
TD
IND ABU
TD
21  0
Lotus USA
14
BRA
14

* Tempada en curso

  1. "Renault thankful to Fisichella, Kovalainen". autosport.com. 2008-12-10. Consultado o 2008-11-14. 
  2. "Kovalainen not surprised by Renault exit". autosport.com. 2008-12-11. Consultado o 2008-11-14. 
  3. "Kovalainen to partner Hamilton at McLaren for 2008". Formula1.com. 2007-12-14. Consultado o 2007-12-14. 
  4. BBC 31/07/08
  5. "Prime Minister announces Lotus F1 Racing 2010 drivers – Lotus F1 Fan Site". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 2009-12-14. 
  6. "Kovalainen: Lotus F1 lacking downforce – but car has potential". crash.net (Crash Media Group). 2010-02-21. Consultado o 2010-02-22. 
  7. Noble, Jonathan (27 November 2011). "Heikki Kovalainen not leaving Team Lotus any time soon, says Tony Fernandes". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 29 November 2011. 
  8. "Kovalainen rejoins Caterham". pitpass.com (Pitpass). 2013-04-17. Consultado o 2013-04-18. 
  9. "Kovalainen rejoins Caterham as reserve". Formula 1. 17 April 2013. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2013. Consultado o 17 April 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 4