Henrique VI de Inglaterra

Henrique VI de Inglaterra, nado no Castelo de Windsor en Berkshire o 6 de decembro de 1421 e finado na Torre de Londres o 21 de maio de 1471, foi Rei de Inglaterra entre 1422 a 1461 (aínda que coma rexente até 1437). Era o único fillo de Henrique V e de Catarina de Francia.

Modelo:BiografíaHenrique VI de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Henry VI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1421 Editar o valor en Wikidata
Castelo de Windsor, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1471 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Torre de Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacapela de San Xurxo Editar o valor en Wikidata
Señor de Irlanda
3 de outubro de 1470 – 4 de abril de 1471
Monarca de Inglaterra
3 de outubro de 1470 – 4 de abril de 1471
← Eduardo IV de InglaterraEduardo IV de Inglaterra →
Señor de Irlanda
31 de agosto de 1422 – 4 de marzo de 1461
Monarca de Inglaterra
31 de agosto de 1422 – 4 de marzo de 1461
← Henrique V de InglaterraEduardo IV de Inglaterra →
Duque de Aquitania
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque
Monarca de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Lancaster Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMargarida de Anjou (1445 (Gregoriano), 1445 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosEdward of Westminster Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique V de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Catarina de Valois Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdmund Tudor, 1st Earl of Richmond
Jasper Tudor Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1798972 Musicbrainz: d503e591-640d-4efc-9844-eaa00ef683c7 Discogs: 5618179 WikiTree: Lancaster-401 Find a Grave: 1961 Editar o valor en Wikidata
Henrique VI de Inglaterra

Traxectoria

editar

Ao morrer o seu pai o 31 de agosto de 1422, toma o trono con só oito meses de idade, polo que un consello privado, encabezado polos seus tíos, pero dependente do Parlamento, gobernou o país até a súa maioría de idade no 1442.

Foi rei do trono de Francia dende 1422, consonte ao estipulado no Tratado de Troyes, pero despois da intervención de Xoana de Arco, Inglaterra perdeu todas as posesións francesas, excepto Calais.

A súa impopularidade aumentou despois de casar o 23 de abril de 1445 con Margarida de Anjou, filla de Renato o Bo, duque de Anjou e de Lorena, a cal exerceu un desafortunado influxo no ánimo do seu home. Deste matrimonio naceu un único fillo:

Durante os anos que precederon a maioría de idade de Henrique VI, as grandes familias enfrontáronse entre si para conquistaren o poder, e en 1455 estalaron as chamadas guerras das Dúas Rosas, xustificándose nos ataques de tolemia que padecía o rei dende 1453 (posible herdanza do seu avó materno, o rei Carlos VI de Francia) e aos intentos da raíña Margarida de exercer a rexencia, que consideraban como unha intrusa no ámbito inglés.

Perseguido no noroeste do país, onde se refuxiara, Henrique VI foi destronado no 1461. Restaurado por Warwick e a raíña Margarida no 1470, foi vencido pouco despois e encarcerado na Torre de Londres, onde foi asasinado en maio de 1471, á vez que o seu fillo era aforcado polos partidarios dos York no campo de Tewkesbury, co cal se extinguía a dinastía dos Lancaster, gobernante en Inglaterra dende 1399.


Predecesor:
Henrique V de Inglaterra
  
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1422 - 1461 e 1470 - 1471
Sucesor:
Eduardo IV de Inglaterra

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 1