Henry Hallett Dale
Sir Henry Hallett Dale, OM, GBE, nado en Londres o 9 de xuño de 1875 e finado en Cambridge o 23 de xullo de 1968, foi un fisiólogo inglés. En 1936 recibiu o Premio Nobel de Medicina.
Traxectoria
editarEstudou medicina na Universidade de Cambridge. Posteriormente ampliou estudos en Alemaña, onde foi discípulo de Paul Ehrlich (Premio Nobel de Medicina en 1908). En 1906 foi nomeado director do Wellcome Physiological Research Laboratories de Londres, e entre 1914 e 1943 ocupou un posto directivo no National Institute for Medical Research.
En 1936 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, compartido con Otto Loewi, polos seus estudos sobre a excitación e transmisión química dos impulsos nerviosos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Hallett Dale |