Hermann Burmeister

Karl Hermann Konrad ou Carlos Germán Conrado Burmeister, nado o 5 de xaneiro de 1807 en Stralsund (cidade daquela pertencente á Pomerania sueca, e que hoxe forma parte do Land de Mecklemburgo-Antepomerania (Alemaña) e finado o 2 de maio de 1892 en Buenos Aires (Arxentina), foi un naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán nacionalizado arxentino, que desempeñou a maior parte da súa carreira na Arxentina.

Modelo:BiografíaHermann Burmeister

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Carl Hermann Conrad Burmeister Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1807 Editar o valor en Wikidata
Stralsund, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1892 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Director de museo Bernardino Rivadavia Natural Sciences Museum (en) Traducir
21 de febreiro de 1862 – 2 de maio de 1892 – Carlos Berg (pt) Traducir →
Member of the Prussian House of Representatives (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg
Universidade de Greifswald (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Arxentina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónconservador, profesor universitario, naturalista, paleontólogo, entomólogo, médico, político, explorador, escritor, herpetólogo, meteorólogo, xeógrafo, ornitólogo, lepidopterólogo, xeólogo, biólogo mariño, botánico, zoólogo, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Halle-Wittenberg
Universidade Nacional de Córdoba (pt) Traducir
Bernardino Rivadavia Natural Sciences Museum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBurmeist. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaBurmeister Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Nordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1214016

Realizou exhaustivos traballos sobre a descrición da fauna, flora, xeoloxía e paleontoloxía de varios países suramericanos, pero en especial da Arxentina, publicando cerca de 300 títulos, entre eles a súa Description Physique de la République Argentine que, con magníficas ilustracións, mereceu a medalla de ouro na súa presentación na Exposición Xeográfica de Venecia.

Dirixiu desde 1862 até a súa morte o Museo Argentino de Ciencias Naturales, de Buenos Aires.

Fundou a Academia de Ciencias Naturales de Córdoba integrando nela a varios profesores vindos de Europa, e deixando tras del un importante grupo de discípulos que continuaron a súa obra.

Traxectoria

editar

Graduouse en medicina en 1829, doutorándose en filosofía. Actuou como cirurxián no servizo militar obrigatorio pero logo decidiu dedicarse ás ciencias naturais. Despois de cumprir etapas de especialización comezou a ensinar zooloxía na Universidade Martin Luther, da cidade de Halle (Alemaña), desde 1837 a 1861, exercendo ademais a dirección do Museo de Zooloxía. Datan desta época os seus traballos de entomoloxía, que concluíron en 1832 coa edición do Handbuch der Entomologie (Manual de Entomoloxía). Actuou durante breves anos en política sendo elixido membro da Cámara Alta de Prusia.

En 1843 publicou a súa célebre Historia da Creación, que tivo 6 edicións e foi traducida a 5 idiomas, tendo unha notoria influencia entre a intelectualidade europea desa época. Dita historia foi eloxiada por Alexander von Humboldt, quen lle escribiu desde Potsdam e lle conseguiu un subsidio real para visitar Brasil. Desta maneira viaxou en 1850 a Río de Xaneiro e Minas Xerais, regresando a Alemaña en abril de 1852. Resultado desta viaxe á a súa obra Sinopse dos animais de Brasil.

Entre 1851 e 1853 publicou a súa obra Vistas xeolóxicas para a historia da Terra e os seus habitantes.

Unha vez máis volveu a América grazas a que Humboldt recomendouno ao rei de Prusia. Mesta viaxe chegou a Buenos Aires en 1857 onde coñeceu o Museo Público da cidade e viaxou á cidade de Rosario para pasar logo a Paraná, sede do Goberno da Confederación Arxentina. Alí as autoridades autorizárono a viaxar á cidade de Mendoza, onde permanecería un ano. Hermann Burmeister describiu todo o que observaba: a paisaxe, os gauchos, o asado, o mate, as vivendas. etc. En particular as árbores do xénero Prosopis (que na Arxentina chaman algarrobos) e os seus usos domésticos e como alimento para o gando.

En abril de 1858 volveu a Paraná (provincia de Entre Ríos), onde durante nove meses foi propietario rural. Xunto co seu fillo máis vello Germán Burmeister Sommer realizou estudos xeolóxicos e paleontolóxicos na zona.

En 1859 percorre as cidades de Rosario, Córdoba e Tucumán, onde permaneceu seis meses. Logo explorou as provincias de Catamarca e A Rioxa para, desde alí cruzar a Chile e viaxar a Panamá, para regresar despois a Europa, á súa cátedra de Halle. Publicou entón a súa Viaxe aos Estados do Plata, con referencia especial á constitución física e o estado da cultura da República Arxentina.

Os seus grandes desexos de volver ás rexións que visitara unido a un certo desencanto producido por motivos políticos no seu país, decidírono a renunciar á súa cátedra e volver á Arxentina, onde o presidente Bartolomé Mitre e o seu ministro Domingo Faustino Sarmiento, a quen sempre admirou e apreciou, o nomearon director do Museo de Buenos Aires en febreiro de 1862. Exerceu ese cargo con grande eficacia durante 30 anos, traballando especialmente sobre os mamíferos fósiles pampeanos e describíndoos na Revista Farmacéutica. Ordenou a colección que había no museo, incrementándoa con achados como o célebre Smilodon de Muñiz.


En 1865 casou en segundas nupcias con Petrona de Tejeda, descendente dos conquistadores españois de Tucumán, coa que tivo catro fillos. Ao ano seguinte, co apoio do reitor da Universidade de Buenos Aires, Juan María Gutiérrez, fundou a Sociedad Paleontológica de Buenos Aires, cuxo principal fin era o de estudar e dar a coñecer os fósiles do entón Estado de Buenos Aires e fomentar o Museo Público.

En 1874 o daquela presidente Domingo Faustino Sarmiento encomendoulle as xestións tendentes a incorporar a 20 profesores de ciencias exactas e naturais para que traballaran na Universidade Nacional de Córdoba, dada a escaseza dos mesmos no país e á pouca relevancia que se lles estaba dando a esas ciencias. Burmeister encargpuse disto e fundou a Academia de Ciencias Naturales de Córdoba integrando nela a profesores vindos de Europa que estaban obrigados a dar clase na universidade cordobesa. Entre eles se encontraba o mozo Hendrik Weyenbergh, que sería despois director da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales. Baixo a dirección de Burmeister, a Academia iniciou de inmediato as súas publicacións, aparecendo desde 1874 o seu Boletín, e desde 1875 até 1879 as súas Actas.

Unha grande obra de Burmeister foi a Description Physique de la République Argentine d’après des observations per-sonnelles et étrangères (escrita tamén en alemán e dedicada a Sarmiento) en catro tomos editados desde 1876 a 1879, xunto co álbum Vues pittoresques de la Republique Argentine, que traía magníficas ilustracións da flora, fauna, xeoloxía e paleontoloxía do país e na que el foi o seu único redactor e ilustrador. Editada polo Instituto Geográfico Argentino, mereceu na Exposición Xeográfica de Venecia de 1891 a medalla de ouro de calidade e coidado na súa presentación.

Tamén foi da súa autoría Los caballos fósiles de la pampa argentina, que o goberno arxentino presentou na exposición de Filadelfia de 1876.

Publicou cerca de 300 títulos. No 50º aniversario do seu doutoramento foi agasallado tanto por arxentinos como por varias universidades europeas, recibindo condecoracións dos emperadores de Alemaña e do Brasil.

Debido á erección como capital da República a cidade de Buenos Aires, acordouse coa provincia homónima a nacionalización do Museo de Buenos Aires, en 1884, cumpríndose así o desexo de de conservar a súa autonomía operativa.

Burmeister tivo unha gran rivalidade con Florentino Ameghino, que era un activo propagandista da teoría da evolución darviniana, mentres que el era un decidido antagonista de dita teoría.

Dicía:

No podemos echar abajo el principio de la invariabilidad de las especies sin que se venga también por los suelos toda la zoología científica
Non podemos botar abaixo o principio da invariabilidade das especies sen que caia tamén ao chan toda a zooloxía científica

Burmeister faleceu en 1892, aos 85 anos, como consecuencia de feridas producidas por un accidente no Museo. Deixara designado como o seu sucesor á fronte do Museo de Ciencias de Buenos Aires ao doutor Carlos Berg, probabelmente para bloquear o acceso de Ameghino, quen de todas formas ocuparía esa dirección 10 anos despois.

Erixíselle un monumento no Parque Centenario de Buenos Aires, detrás do Museo Argentino de Ciencias Naturales Bernardino Rivadavia, por iniciativa do Intendente de Buenos Aires Francisco Seeber. Os seus restos mortais foron trasladados a dito museo, onde descansan desde 1967.

Taxons animais descritos por Burmeister

editar

Abreviaturas

editar
  • A abreviatura Burmeist. emprégase para recoñecer a Hermann Burmeister como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Burmeister emprégase para recoñecer a Hermann Burmeister como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores

editar

Foi honrado como académico da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Argentina.

Epónimos

editar

Moitos autores dedicáronlle taxons a Burmeister, entre eles:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • O. Taschenberg "Karl Hermann Konrad Burmeister" Leopoldina, 29: 43-46; 62-64; 78-82; 94-97. Halle (1893)
  • C. Berg "Carlos Germán Conrado Burmeister. Reseña biográfica (con un retrato)" Anales del Museo de Historia Natural de Buenos Aires, 4: 315-357. Buenos Aires, Arxentina (1895)
  • C. Berg "Carlos Germán Conrado Burmeister. Reseña biográfica" Anales de la Sociedad Científica Argentina, 41: 97-107. Buenos Aires, Arxentina (1896)
  • Anónimo "Germán Burmeister, 25† aniversario de su fallecimiento" Physis, 3 (14): 305-306. Buenos Aires, Arxentina (1917)
  • B. Houssay "La personalidad de Germán Burmeister " Physis, 19 (53): 279-283. Buenos Aires, Arxentina (1942)
  • F. E. Mendilaharzu "Burmeister inédito" Deutsche Lehrerzeitung für Argentinien: 22-25. Buenos Aires, Arxentina (1942)
  • C. Withaus "Germán Bumeister. Memorias del Museo de Entre Ríos". Paraná, Provincia de Entre Ríos, Arxentina (1942)
  • G. Araoz Alfaro "Un sabio alemán al servicio de la Argentina, Germán Burmeister" Institución Cultural Argentino-Germana, pp. 1–15. Buenos Aires, Arxentina (1943)
  • R. Ardissone "Homenaje a Burmeister. Aporte de Burmeister a la geografía" Boletín GAEA, (35): 9-10. Buenos Aires, Arxentina (1957)
  • A. Burkart "Burmeister como botánico " Revista de la Universidad Nacional de la Plata, 4: 89-95. La Plata, Provincia de Buenos Aires, Arxentina (1958)
  • M. Biraben "Germán Burmeister, su vida, su obra" Ediciones Culturales Argentinas, pp. 1–95. Buenos Aires, Arxentina (1968)
  • K. Müller "Hermann Burmeister" Die Natur, 36 (N.F., 13): 136-138. Halle (1887)
  • M. Asua "El apoyo oficial a la Description Physique de la République Argentine de H. Burmeister" Quipú, 6 (3): 339-353. México (1989)
  • N. T. Auza "Germán Burmeister y la Sociedad Paleontológica 1866-1868" Investigaciones y Ensayos, 46: 137-155. Academia Nacional de la Historia. Buenos Aires, Arxentina (1997)

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 2