Hilma af Klint

pintora sueca

Hilma af Klint, nada no palacio Karlberg (Solna) o 26 de outubro de 1862 e finada en Danderyd o 21 de outubro de 1944 foi unha artista e mística sueca, cuxas pinturas están entre as primeiras obras abstractas occidentais.[1] Unha considerable parte da súa obra abstracta precede as primeiras composicións puramente abstractas de Kandinsky.[2] Pertenceu a un grupo chamado "As Cinco", un círculo de mulleres que compartían a súa crenza na importancia de intentar facer contacto cos chamados "Altos Mestres", a miúdo por medio de sesións de espiritismo.[3] As súas pinturas, que ás veces lembran diagramas, eran unha representación visual das súas complexas ideas espirituais.

Modelo:BiografíaHilma af Klint

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Solna, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1944 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Danderyd, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGalärvarvs Cemetery (en) Traducir, Kvarter: 01 Gravplats: 00817 (1944–) 59°19′40″N 18°05′37″L / 59.32776, 18.09364 Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Real de Artes da Suécia (pt) Traducir (1882–1889)
Konstfack (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfemale painter (en) Traducir, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1882 Editar o valor en Wikidata - 1943 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta, alegoría, Arte de paisaxes, pintura de animais (pt) Traducir, retrato e nudez na arte Editar o valor en Wikidata
MovementoArte abstracta Editar o valor en Wikidata
ProfesoresKerstin Cardon Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir
Obálky knih,
Svenskt konstnärslexikon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5331465 WikiTree: Af_Klint-2

Traxectoria

editar

Hilma af Klint naceu en Solna, municipio integrado na área metropolitana de Estocolmo (Suecia). Filla dun almirante, dende 1882 a 1887 asistiu á Real Academia Sueca das Artes onde aprendeu as técnicas que lle permitiron traballar como retratista e paisaxista. Pertenceu á primeira xeración de mulleres europeas que se formou academicamente na arte.[4] Uns anos máis tarde, a academia puxo un estudo a Hilma e outros dous compañeiros no barrio artístico e bohemio de Estocolmo que a apoiaron, o Kungstraedgaarden, para que desenvolvesen o seu talento, aínda que despois a deixaron por falta de tempo. Alí, Klint realizou tanto retratos como paisaxes de estilo naturalista.

Sentía especial atracción polo esoterismo que aumentou trala morte da súa irmá de dez anos. Achegouse aos rosacruces, a antroposofía e a teosofía, un movemento que tamén atraeu a Kandinsky e a Mondrian. Tamén se iniciou no espiritismo.[5]

A partir de 1896 Hilma af Klint, xunto a outras catro amigas formaron un grupo chamado "As Cinco". Nel practicaban a escritura e a pintura automáticas a partir de sesións de espiritismo. Reuníanse os venres para sesións de meditación e espiritismo durante as que practicaban a escritura automática de acordo coas mensaxes que recibían duns espíritos que denominaban os Altos Mestres. Durante unha das sesións, recibiron o encargo dos Altos Mestres de mostrar o que viran do mundo espiritual durante as sesións cos médiums. As outras artistas rexeitaron participar no proxecto, mais Klint traballou na serie Os cadros para o templo, as súas primeiras obras abstractas, iniciada en 1906 ata 1915 composta por 193 obras.[4][5] En 1908 coñeceu a Rudolf Steiner, membro destacado da Sociedade Teosófica[6] e fundador da antroposofía, que cando viu a obra lle recomendou non mostrala durante cincuenta anos. A artista limitouna a vinte anos.[5]

Hilma af Klint suspendeu o seu traballo para asistir á súa nai dependente, período no cal abandonou o barrio de Kungstraedgaarden. Non retomou o seu labor pictórico ata 1912, con Os cadros para o templo, traballo que concluíu en 1915. Un ano máis tarde, pintou baixo as directrices da xeometría abstracta a serie Parsifal e en 1917, a serie Átomo.

En 1920, ano en que faleceu a súa nai, viaxou a Suíza, onde se reencontrou con Rudolf Steiner. Alí uniuse á Sociedade Teosófica e estudou os seus textos. No pictórico, realizou unha serie de pinturas sobre as grandes relixións do mundo.

En 1925, abandonou a pintura por completo para dedicarse aos estudos teosóficos. Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico en 1944.

Obra artística

editar
 
Svanen ("O Cisne"), No. 17, Grupo IX, Serie SUW, outubro de 1914 - marzo de 1915

Foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible. Dende 1906 desenvolveu unha linguaxe abstracta. A obra de Hilma af Klint non é unha abstracción real da cor e a forma en si mesmos, senón que trata de modelar o invisible. Isto sucedeu anos antes de que aparecese a obra de Wassily Kandinsky, Piet Mondrian e Kazimir Malevich, que aínda son tratados como os precursores da arte abstracta a principios do século XX.[7]

Hilma af Klint realizou máis de 1300 traballos[8], entre pinturas e obra en papel. En vida, expuxo a súa obra temperá e figurativa, mais nunca a abstracta. No seu testamento redactou que a súa obra abstracta non se expuxese en público ata vinte anos despois da súa morte, dado que estaba convencida que ata entón non se podería valorar e comprender a súa obra na súa xusta medida. Os seus desexos cumpríronse e non foi ata 1986 cando se descubriu a súa obra.

Tras abandonar a linguaxe figurativa naturalista, Hilma af Klint parte da base que existe unha dimensión espiritual na existencia e quere facer visible o contexto que existe alén do que o ollo pode ver. Ao igual que outros dos seus contemporáneos, ela está moi influída polas correntes espirituais da época, particularmente o espiritismo, a teosofía e a antroposofía. Na súa obra abstracta, en que destaca a pintura de gran formato, encóntranse elementos recorrentes, como círculos concéntricos, óvalos e espirais. As temáticas que abordaba eran aspectos metafísicos, como a dualidade (materia e espírito, o feminino e o masculino) a totalidade do cosmos, a orixe do mundo etc.[4][7]

  1. Cain, Abigail. "What Was the First Abstract Artwork?". Artsy.net (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  2. Voss, Julia. "The first abstract artist? (And it's not Kandinsky)". www.tate.org.uk. Tate Modern. Consultado o 22 de maio de 2015. 
  3. Bashkoff, T., ed., et al., Hilma Af Klint (Nova York: Solomon R. Guggenheim Museum, 2018).
  4. 4,0 4,1 4,2 "Hilma af Klint: pionera de la abstracción | Artishock". Consultado o 3 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gómez de Melenchón, Isabel (19 de xaneiro de 2019). "La pintora que se anticipó a la abstracción". La Vanguardia, Artes. 
  6. Theosophy and the Society in the Public Eye (en inglés)
  7. 7,0 7,1 La mujer que inventó la abstracción. El País. Consultado o 18 de abril de 2014 (en castelán)
  8. "Fundación Hilma af Klint". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1