Hipotenusa
A hipotenusa é o lado maior dun triángulo rectángulo, e tamén o lado oposto ao ángulo recto. É posible descubrir a medida da hipotenusa mediante o teorema de Pitágoras, que a relacona cos dous catetos.
Orixe do termo
editarA palabra hipotenusa deriva, de acordo con algunhas fontes, do grego antigo ὑποτείνουσα, unha combinación de hipo ("embaixo") e teinein ("alongar")[1]. Outros autores suxiren que o significado orixinal en grego foi debido a un obxecto que soporta algo, ou da combinación de hipo ("embaixo") e tenuse ("lado")[2].
Propiedades
editarTeorema de Pitágoras
editar- Artigo principal: Teorema de Pitágoras.
O teorema de Pitágoras relaciona a lonxitude da hipotenusa coa dos catetos, e di o seguinte:
- "A hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos cadrados dos catetos."
- Que é o mesmo que dicir:
- "A hipotenusa é igual á raíz cadrada da suma dos cadrados dos catetos."
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Hipotenusa |
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |