Historia de Sinuhé

A Historia de Sinuhé é unha narrativa do Imperio Medio do Antigo Exipto sobre as vicisitudes dun alto personaxe da corte de Amenemhet I á morte deste.

Considerada a obra cume da narrativa exipcia antiga, a historia chegounos en varios papiros e era moi famosa en época faraónica. As descricións son moi vivas e o estilo elegante. O público posibelmente coñecía moitos detalles relacionados coa morte de Amenemhet e as circunstancias da entronización de Sesostris que non nos son coñecidas hoxe en día.

A Historia de Sinuhé conta en primeira persoa como o protagonista sente temor (non se sabe por que) após a misteriosa morte do faraón Amenemhet I (XII dinastía, 2000 - 1970 a. C.) e se exila no país de Retenu (Siria). Alí convértese no xefe dunha tribo, rico, amado e respectado. Xa vello, invádelle a morriña, o desexo de conquistar o favor do novo soberano (Sesostris I, fillo e sucesor de Amenemhet I) e de ser enterrado como un exipcio. O faraón recíbeo con honras e el retorna ao palacio que deixara había anos. Escribe a súa historia agardando serenamente a morte.

Con este argumento, o escritor finlandés, Mika Waltari publicou en 1945 un best-séller da novela histórica: Sinuhe egyptiläinen.

  NODES
iOS 2
os 15
todo 1