A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que deben aplicar os individuos para o control dos factores que exercen ou poden exercer efectos nocivos sobre a súa saúde. A hixiene persoal é o concepto básico do aseo, limpeza e coidado do noso corpo.

Lavado de mans con auga e xabrón

Os seus obxectivos son mellorar a saúde, conservala e previr as enfermidades.

O día 5 de maio foi declarado pola OMS como o Día Mundial da Hixiene das Mans. O lema para a campaña 2022 foi "Únete á Seguridade da Atención Sanitaria. Limpa as mans" [1].

Etimoloxía

editar

Hixiene procede de Hixía, a deusa grega da curación.[2]

Conceptos

editar

Enténdese como hixiene:

  • 1. Limpeza, aseo de lugares ou persoas.
  • 2. Hábitos que favorecen a saúde.
  • 3. Parte da medicina, orientada a favorecer hábitos saudables, en prevención de enfermidades.
  • 4. Recoñecemento, avaliación e control daqueles factores e tensións ambientais que xorden no lugar de traballo e que poden provocar enfermidades, quebrantos de saúde, quebrantos de benestar, incomodidade e ineficacia dos traballadores e os cidadáns.
  • 5. A hixiene persoal é a parte da medicina que trata dos medios en que o home debe vivir e da forma de modificalos no sentido máis favorábel para o seu desenvolvemento.
  1. "5 de Maio 2022. Celebración do Día Mundial da Hixiene das Mans". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-26. 
  2. Iria, Veiga. "Hixiene". Nós Diario. Consultado o 2020-03-06. 
  NODES
todo 1