Hywel ab Owain Gwynedd
Hywel ab Owain Gwynedd (morto en 1170) foi un poeta e un líder militar galés. Era fillo ilexítimo de Owain Gwynedd, príncipe de Gwynedd, e da irlandesa Pyfog e, por isto, tamén o coñecen como Hywel ap Gwyddeles (=Hywel fillo dunha irlandesa).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII Reino de Gwynedd |
Morte | 1170 Pentraeth, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Fillos | Cadwallon ap Hywel ab Owain Gwynedd |
Pais | Owain Gwynedd e Ffynnod Wyddeles |
Irmáns | Angharad ferch Owain Gwynedd Rhodri ab Owain Gwynedd Iorwerth Drwyndwn Madog ab Owain Gwynedd Maelgwn ab Owain Gwynedd Cynan ab Owain Gwynedd Iefan ab Owain Gwynedd Dafydd ab Owain Gwynedd Rhun ab Owain Gwynedd |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarEn 1143 o irmán de Owain Gwynedd, Cadwaladr, que tiña posesións en Meirionnydd e en Ceredigion estivo implicado no asasinato de Anarawd ap Gruffydd de Deheubarth. Owain respondeu enviando a Hywel a lle quitar as terras do Ceredigion do norte, capturando e queimando o castelo de Aberystwyth. En 1147, Hywel e o seu irmán Cynan botaron a Cadwaladr de Meirionnydd. Hywel perdeu o Ceredigion do sur en 1150 cando Cadell ap Gruffydd de Deheubarth o expulsou ao norte do río Aeron e reclamou as terras.
Tras a morte de Owain Gwynedd (1170), os seus fillos entraron en conflito entre eles polo dominio do Gwynedd. Hywel foi recoñecido por moitos como o herdeiro natural de Owain, pero segundo a lei galesa todos os fillos (lexítimos ou non) tiñan os mesmos dereitos de herdanza. Os medios irmáns de Hywel, Dafydd e Rhodri, obrigárono a fuxir a Irlanda, onde recrutou un exército co que volveu ao seu país para reclamar parte do reino, pero derrotárono e morreu na batalla de Pentraeth en Anglesey.
A súa obra poética
editarHywel foi tamén un poeta do que chegaron ata nós oito poemas. Entre eles probabelmente o máis coñecido é o Gorhoffedd Hywel ab Owain Gwynedd, no que eloxia o reino de seu pai polas súas belezas naturais e polas súas guapas mulleres. Outros poemas comprenden os exemplos máis antigos de poesía amorosa galesa que coñecemos, cousa que podería indicar unha influencia da poesía cortés francesa. Hywel tivo dous fillos:
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kathleen Anne Bramley et al (ed.), Gwaith Llywelyn Fardd I ac eraill o Feirdd y Ddeuddegfed Ganrif (1994).
- R R Davies, The Age of Conquest[:] Wales 1063-1415 (1991).
- John Edward Lloyd (1911) A history of Wales from the earliest times to the Edwardian conquest (Longmans, Green & Co.).