ICOMOS
O ICOMOS, ou Comité internacional dos monumentos e os sitios (da sigla en inglés International Council on Monuments and Sites) é unha asociación civil non gobernamental, con sede en París (Francia) ligada á ONU, a través da Unesco.
O deu labor é decisivo á hora de conseguir que un determinado monumenmto, cidade ou sitio de interese natural sexa declarado Patrimonio da humanidade, a que o proceso que hai que seguir para lograr a nomeamento [1] comenza cando un país fai un inventario con todos os seus sitios con propiedades naturais e culturais significativas como para merecer seren incluídos na Lista Tentativa,[2] o que é moi importante, porque un país non pode propoñer un sitio que non estea incluído nesta lista. A continuación, pode seleccionar un sitio desta lista para ubicala nun Expediente de Nomeamento. O Comité de Patrimonio da Humanidade ofrece axuda na confección deste expediente, o cal debe ser o máis completo posíbel.
Logo, o expediente é avaliado independentemente por dúas organizacións: a Unión Mundial para a Conservación e o Comité Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), Estas entidades despois elevan ás súas recomendacións ao Comité do Patrimonio da Humanidade. O Comité reúnese unha vez ao ano para determinar se inclúe ou non a cada sitio nomeado á lista definitiva, e ás veces suspende a decisión para solicitar máis información aos Estados membros. Hai dez criterios de selección que un sitio debe cumprir para ser incluído na lista.
Notas
editar- ↑ Unesco. "World heritage: Nomination process" (en inglés). Consultado o 23-09-2007. (Proceso de Nominación).
- ↑ Unesco. "World Heritage: Tentative List" (en inglés). Consultado o 23-09-2007. (Lista Tentativa).