Igraine é segundo a lenda artúrica a nai do Rei Artur. Tamén coñecido en latín Igema, en galés como Eigr, en francés como Igeme, na obra Le Morte d´Arthur de Thomas Malory como Ygrayne -modernizada ás veces como Igraine- e na obra de Wolfram von Eschenbach "Parzival" como Amive). Convértese na muller de Uther Pendragon, pero o seu primeiro marido foi Gorlois, de cuxo matrimonio tivo como fillas a Elaine, Morgause e Morgana le Fay.

Merlín collendo a Artur de Igraine. Ilustración de N. C. Wyeth para The Boy's King Arthur (1922).

Godofredo de Monmouth

editar

A primeira mención dela atópase na obra de Geoffrey de Monmouth "Historia Regum Britanniae" onde ela introduce a historia como a muller de Gorlois, Duque de Cornwall. O rei Uther Pendragon namórase dela e intenta chamar a súa atención na súa corte. Ela informa ó seu marido das súas intencións quen parte con ela a Cornwall sen permiso. Esta súbita saída outorga a Uther unha escusa para emprender a guerra contra Gorlois. Gorlois dirixe a guerra dende o castelo de Dimilioc pero empraza á súa muller na seguridade do castelo de Tintagel.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
eth 1
orte 2