A iguana pertence ao grupo maior e de máis complicado deseño dos saurios do Novo Mundo, ao que pertencen a maioría das especies. Englóbanse na familia dos Iguanidos. Poden medir de 7.5 centímetros ata 2 metros. Son animais herbívoros e reprodúcende por medio de ovos, que son colocados baixo terra durante o mes de febreiro.

Alcanzan a madurez sexual aos 16 meses de idade, pero son consideradas adultas aos 36 meses, cando miden 70 centímetros de longo.

Todas as iguanas teñen patas moi curtas e cinco dedos en cada pé, acabados en garras moi afiadas. A súa cola é longa e delgada e está bordeada por unha ringleira de afiadas escamas dorsais. Este animal ás veces emite bufidos. Posúe escamas, unha bolsa gular na gorxa e unha orla dorsal que os machos utilizan para marcar o seu territorio.

Existen ao redor de 300 especies de iguana. A máis coñecida é a común (Iguana iguana), de cor verde brillante con algunhas bandas transversais escuras na cola.

Son coñecidas polas súas espectaculares exhibicións nos rituais de defensa e cortexo, nos que levantan o corpo mentres axitan con forza a cabeza de arriba a abaixo. Viven principalmente en América e en rexións bastante húmidas, como a selva mexicana.

  NODES
iOS 1
mac 1
os 22
todo 1