Antiga tamén coñecida como Antigua e Waladli ou Wadadli pola poboación nativa, é unha illa das Indias Occidentais no Caribe, e a illa principal do país de Antiga e Barbuda. Antiga e Barbuda convertéronse nun estado independente dentro da Commonwealth o 1 de novembro de 1981.[1]

Modelo:Xeografía físicaIlla Antiga
(en) Antigua
(lb) Antigua Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Barlovento
Antillas Menores
Illas de Sotavento
Ilhas de Sotavento Britânicas (pt) Traducir (–1958) Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAntiga e Barbuda Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCaribe Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°05′06″N 61°48′00″O / 17.085, -61.8
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoMonte Obama Editar o valor en Wikidata  (402 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie281 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1493 Editar o valor en Wikidata
Praia de Turner en Antiga

Antiga do español "antigua" e chamada así por unha icona na catedral de Sevilla, "Santa María de la Antigua" Santa María da Antiga.[2] O nome Waladli[3] provén dos habitantes indíxenas e significa aproximadamente "nosa propia".[Cómpre referencia]

Historia

editar
 
Costa rochosa preto de Saint John's.
 
Praia de Baía Dickenson, Antiga

Os primeiros habitantes de Antiga

editar

Antes do colonialismo europeo, os primeiros habitantes foron os Guanaxatabei. Co tempo, os arauacos emigraron desde o continente, seguido polos caribes. Cristovo Colón foi o primeiro europeo en visitar Antiga, en 1493.[4]

Os arauacos foron o primeiro grupo ben documentado das poboacións indíxenas asentadas en Antiga. Remaron á illa en canoa (piragua) desde a actual Venezuela, empuxados polos caribes, outro pobo indíxena. Os arauacos introduciron a agricultura en Antiga e Barbuda. Entre outros cultivos, cultivaban a agora notable ananas "negra" de Antiga. Tamén cultivaron:

Algúns dos vexetales mencionados, tales como o millo e as patacas doces, aínda son alimentos básicos da cociña de Antiga. Os colonos leváronos a Europa, e desde alí, estendéronse por todo o mundo. Por exemplo, un prato popular de Antiga, a dukuna, é unha bóla de masa doce, cocida ao vapor a base de patacas doces reladas, fariña e especias. Outro elemento básico, os fungos, é unha pasta cocida feita de fariña de millo e auga.

A maioría dos arauacos deixaron Antiga sobre o 110 dC. Os que quedaron foron sometidos polos caribes procedentes de Venezuela. De acordo con A Enciclopedia Católica [Cómpre referencia], as armas superiores dos caribes e a súa destreza mariñeira permitiulles derrotar á maioría das nacións arauacas nas Indias Occidentais. Escravizaron a algúns e canibalizaron a outros. A Enciclopedia Católica[Cómpre referencia] fai notar que os invasores europeos tiveron dificultades para identificar e diferenciar entre os distintos pobos orixinarios que se atopaban. Como resultado, o número e tipo de grupos étnicos/tribais/nacionais do momento eran probablemente máis variados e numerosos que os dous mencionados neste artigo.

Os indíxenas das Indias Occidentais fixeron excelentes embarcacións mariñas, que se utilizan para navegar polo Atlántico e o Caribe. Como resultado, os arauacos e caribes poboaron gran parte de América do Sur e as illas do Caribe. Os seus descendentes viven en toda América do Sur, especialmente Brasil, Venezuela e Colombia. As poboacións nativas identificadas nas Indias Occidentais manteñen o orgullo da súa herdanza.

Europeos

editar

Cristovo Colón chamou a illa "Antigua" en 1493 en honor á "Virxe da catedral vella"[2] (castelán: La Virgen de la Antigua) que se atopa na catedral de Sevilla no sur de España. Na súa viaxe de 1493, por un xuramento, nomeou moitas illas con diferentes aspectos de Santa María, incluíndo Montserrat e Guadalupe.

Continuou case deshabitada ata 1632, ano en que chegaron un grupo de colonos británicos á illa, deixaran Saint Kitts a asentáronse en Antiga. Sir Christopher Codrington, un inglés, estableceu o primeiro asentamento europeo permanente. A partir dese momento, a historia Antiga deu un xiro dramático. Codrington guiou o desenvolvemento da illa como unha colonia de azucre rendible. Para unha gran parte dos historiadores de Antiga, a illa foi considerada por Gran Bretaña a "entrada ao Caribe". Atópase nas principais rutas de navegación entre as colonias ricas en recursos da rexión. Lord Horacio Nelson, unha figura importante na historia Antiga, chegou a finais do século XVIII para preservar a navegación comercial da illa.

En 1666 os franceses tomárona, pero ao pouco tempo os ingleses lograron reconquistala, e logo oficialmente por medio do Tratado de Breda permaneceu baixo control británico ata que en 1981 Antiga e Barbuda logrou a independencia.

Xeografía

editar
  • Área da illa: 280 km²
  • Capital: St. John's (24.000hab)
  • Clima: Mariño tropical; Pouca amplitude térmica entre as estacións do ano.

A illa é redonda con aproximadamente 87 km de perímetro e unha superficie de 281 km². A súa poboación era de 80.161 habitantes (no censo do 2011),[5] dos cales máis de 32.000 viven na capital, Saint John's. A superficie é maioritariamente plana, e non hai moitas elevacións no terreo como é común noutras illas da zona. A economía é principalmente dependente do turismo, o sector agrícola serve ao mercado interno. Os hoteis están situados na costa e o seu único aeroporto está ao servizo de grandes compañías como Virgin Atlantic e British Airways.

A capital está situada no noroeste do país e ten un porto profundo que é capaz de dar cabida a grandes buques de crucero. Outros asentamentos de poboación principais son All Saints (3.412) e Liberta (2.239), de acordo co censo de 2001.

 
Mapa da illa

A moeda nacional é dólar do Caribe Oriental. A pesar diso, a maioría dos prezos son en dólares estadounidenses.

Porto Inglés na costa sur-oriental é famoso por ser un refuxio protexido durante as violentas tormentas. É o sitio dunha estación colonial naval británica restaurada chamada "astaleiro de Nelson" polo capitán Horacio Nelson. Hoxe Porto Inglés e veciño da vila de Falmouth son famosos internacionalmente como un destino de navegación de recreo ou deportiva e vela e un centro de aprovisionamento. Durante Antiga Sailing Week, a finais de abril e principios de maio, a regata anual de clase mundial trae moitos barcos de vela e navegantes á illa para practicar deportes.

  1. http://www.antiguanice.com/v2/client.php?id=769
  2. 2,0 2,1 Kessler, Herbert L. & Nirenberg, David. Judaism and Christian Art: Aesthetic Anxieties from the Catacombs to Colonialism. Consultado o 23 de setembro de 2011.
  3. Murphy, Reg. "Common Myths". Archaeology Antigua. Waladli versus Wadadli. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2014. Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  4. "A Plan of the Estate Called Jonas's Situated in the Division of North Sound in the Island of Antigua, the Property of Peter Langford Brooke, Esquire". World Digital Library. Consultado o 19 de abril de 2013. 
  5. CIA, The World Factbook Arquivado 20 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. Consultado o 2 de febreiro de 2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1
orte 1
see 1