Illas Scilly
As Illas Scilly (en córnico: Syllan) son un arquipélago do suroccidente de Cornualla. Unha das illas, St Agnes, é o punto máis meridional de Inglaterra, estando 6,4 km máis ó sur que o punto máis meridional da illa de Gran Bretaña, en Lizard Point.
(en) Isles of Scilly | |||||
Tipo | arquipélago Distrito não-metropolitano (pt) distrito rural (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Británicas | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Británicas | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Cornualla, Reino Unido | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Céltico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 51 m | ||||
Superficie | 16,3376 km² | ||||
Área de Salientable Beleza Natural | |||||
Data | 1975 | ||||
Sitio web | scilly.gov.uk | ||||
Segundo o censo de 2011, a poboación das illas era de 2 203 persoas.[1] Scilly forma parte do condado cerimonial de Cornualla, e algúns dos seus servizos convínanse cos de Cornualla. Porén, dende 1890, as illas teñen unha autoridade local separada da do condado. Dende a orde das Illas Scilly de 1930, esta autoridade ten o status de consello de condado e hoxe é coñecido como Consello das Illas Scilly.
O adxectivo en inglés "Scillonian" é empregado ás veces para referirse ós habitantes do arquipélago. O Ducado de Cornualla é propietario vitalicio das illas. O turismo é a principal actividade económica local, xunto coa agricultura de flores de corte.
Notas
editar- ↑ UK Census Data (ed.). "UK Census Data 2011". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 9 de xuño de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Scilly |