Unha ilusión óptica é unha imaxe que, aínda que non se pode atopar na realidade física, é posible recreala con moito detalle nunha representación gráfica. Desta maneira, unha ilusión pode aparecer e desaparecer segundo como se mire, como se fose un espellismo.

Unha das ilusións máis coñecidas é a da copa e as dúas caras, coñecida como o Vaso de Rubin (por Edgar Rubin)
Colexiata de Santa María a Real do Sar

Hai moitas formas de crear ilusións ópticas. As máis sinxelas son as que comezan sendo un plano e acaban converténdose nunha figura en volume, dunha forma imposible de crear na realidade. O que unha ilusión óptica pretende é conseguir enganar o ollo, facéndolle crer que está a ver unha realidade errónea.

Dentro das ilusións ópticas pódense distinguir distintos tipos segundo a forma e mais a disposición das liñas da figura en cuestión.

Figuras imposibles

editar

Unha figura imposible é a que xorde ao combinar de maneira complexa varias figuras básicas. Esta complexidade fai que o resultado sexan figuras misteriosas e, incluso, hipnóticas.

Figuras cinéticas

editar

As figuras cinéticas son aquelas que, ao miralas, producen unha sensación de movemento. Para crear este tipo de composicións hai que combinar de maneira correcta liñas e planos xeométricos.

Percepción da profundidade

editar
 
Ilusión Ponzo.

As ilusións poden estar baseadas nunha capacidade individual para ver en tres dimensións aínda que a imaxe que chega á retina é do só dúas dimensións. A ilusión Ponzo é un exemplo dunha ilusión que usa entradas monoculares de percepción da profundidade para enganar o ollo.

Na ilusión Ponzo as liñas paralelas converxentes cóntanlle ao cerebro vexa imaxe superior presente no campo visual está máis afastada, por iso o cerebro percibe que a imaxe é máis longa, aínda que as dúas imaxes que ve a retina son do mesmo tamaño. A ilusión óptica vista nun diorama ou nunha perspectiva falsa tamén fai que haxa unha percepción de profundidade equivocada.

Tal e como a percepción da profundidade, a percepción do movemento é responsable de moitas das ilusións sensoriais. A animación das películas están baseadas nas ilusión que fan que o cerebro perciba unha serie de varias imaxes que pasan rapidamente producindo unha imaxe que se move. Do mesmo xeito, cando nos movemos montados nun vehículo, os obxectos estables que hai ao arredor parece que se movan. Pode que poidamos percibir que un obxecto grande, como un avión, vai máis amodo que un obxecto pequeno, como un coche, aínda que o primeiro vaia moito máis rápido. O fenómeno Phi é outro exemplo de como o cerebro percibe movemento, que é normalmente creado polas luces que se moven nunha sucesión pechada.

Cor e brillo

editar
 
Ilusión de contraste simultáneo. A barra gris horizontal é da mesma tonalidade na súa totalidade.

As constancias de percepción son orixes de ilusións. A constancia da cor e mais do brillo son os responsables do feito de que un obxecto familiar pareza que é da mesma cor, malia a cantidade de cor e luz que se reflicte del. Unha ilusión de diferenza de cor ou contraste pode ser creada cando a luminosidade ou a cor da área do arredor é cambiada por un obxecto pouco familiar. O contraste do obxecto parecerá máis escuro contra un campo negro que reflicte menos luz, comparándoa cun campo branco, aínda que o obxecto por si mesmo non cambiou a cor. De maneira similar, o ollo compensará o contraste da cor dependendo do fundido da cor da área do arredor.

Op art

editar
Artigo principal: Op art.
 
A obra do artista húngaro Victor Vasarely é un exemplo de escultura de Op art.

A Op art, tamén chamada a arte óptica, é aquela que produce ilusións ópticas ao ver a obra. Cando o espectador mira a obra, a impresión que esta dá é de movemento, de imaxes escondidas, vibración, flash e cuadrícula.

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 1
mac 1
multimedia 1
os 40
todo 1
visual 1