Imposto sobre a renda

O imposto sobre a renda é un tipo de recadación fiscal do goberno imposta a persoas físicas ou entidades (contribuíntes) que varía en función dos ingresos ou beneficios (base impoñible) dos contribuíntes. Os detalles varían moito de acordo coa xurisdición. Moitas xurisdicións fan referencia ao imposto sobre a renda nas entidades empresariais como o imposto sobre sociedades. As sociedades colectivas xeralmente non pagan impostos, mentres que os socios tributan con base na súa porcentaxe das accións na sociedade. Os impostos poden ser establecidos tanto por un país como polas subdivisións deste. A maioría das xurisdicións eximen de impostos ás organizacións benéficas locais.

O imposto sobre a renda xeralmente computa como o produto resultante da multiplicación do tipo impositivo pola base impoñible. O tipo impositivo pode incrementarse a medida que a base impoñible aumenta (chamados impostos progresivos). Os tipos impositivos poden variar de acordo coa clase ou características do contribuínte. As plusvalías poden ser gravadas con tipos impositivos diferentes respecto a outros ingresos. Pódense permitir varios tipos de crédito que reduzan impostos. Algunhas xurisdicións gravan ou ben o imposto máis alto sobre a renda ou ben un imposto cunha base ou medida de ingresos alternativa.

A base impoñible dos contribuíntes residentes na xurisdición é xeralmente o ingreso total menos os ingresos que producen gastos  e outras deducións. Polo xeral, só se inclúen nos ingresos o beneficio neto da venda da propiedade o cal inclúe os bens destinados á venda. Os ingresos dos accionistas dunha empresa normalmente inclúen a repartición dos beneficios desta. As deducións normalmente inclúen todos os gastos xeradores de ingresos ou gastos empresariais, e ademais, bonificacións para a recuperación dos custos dos activos empresariais. Moitas xurisdicións permiten deducións hipotéticas para as persoas físicas e poden permitir a dedución dalgúns gastos persoais. A maioría das xurisdicións ou ben non gravan os ingresos obtidos fóra desta, ou ben conceden un crédito para os impostos pagados a outras xurisdicións por este tipo de ingreso. Aos non residentes grávaselles, con poucas excepcións, só certos tipos de ingreso de fontes dentro da xurisdición.

A maioría das xurisdicións requiren un gravame dos impostos e precisan que os contribuíntes dalgúns tipos de ingreso reteñan impostos destes pagamentos. Aos contribuíntes pódenselles mandar pagamentos anticipados de impostos. Os contribuíntes que non cumpren cos prazos dos pagamentos dos impostos están suxeitos a penalizacións importantes, as cales poden incluír o encarceramento ou a revogación da existencia da personalidade xurídica da entidade.

Historia

editar

O concepto de imposto sobre a renda é unha innovación moderna e supón parte de varios presupostos: unha economía monetaria, contas razoablemente precisas, unha idea común de ingresos, gastos e beneficios e unha sociedade organizada con rexistros fiables.

Durante a maior parte da historia da civilización, estas condicións previas non existían, e os impostos estaban baseados noutros factores. Os impostos sobre a riqueza, a posición social e a propiedade dos medios de produción (xeralmente terras e escravos) foron comúns. Prácticas como o décimo ou a primicia existiron dende tempos antigos e poden ser consideradas como precursoras do imposto sobre a renda, pero carecían de precisión e, dende logo, non estaban baseadas nun concepto de aumento neto.

Aspectos económicos e políticos

editar

Existen múltiples teorías contraditorias respecto ao impacto económico dos impostos sobre a renda sendo estes impostos amplamente considerados como impostos progresivos, o que significa que a súa incidencia aumenta cos ingresos.

Dentro dos códigos tributarios adoitan xurdir estratexias de evasión de impostos e as lagoas xurídicas tenden a emerxer dentro dos códigos fiscais. Estas créanse cando os contribuíntes atopan métodos legais para evitaren o pagamento de impostos. Entón, os lexisladores tratan de pechar as lagoas xurídicas con lexislación adicional. Isto conduce a un círculo vicioso de estratexias de evasión e lexislación aínda máis complexas. Este círculo vicioso tende a beneficiar ás grandes empresas e ás persoas solventes que poden permitirse os honorarios dun profesional que suxerirá planificacións fiscais cada vez máis sofisticadas. Deste xeito cuestiónase a idea de que incluso un sistema de impostos sobre a renda marxinal poida chamarse apropiadamente imposto progresivo.

O aumento do custo da man de obra e capital provocado polo imposto sobre a renda causa perdas de eficiencia nas economías, como é a perda da actividade económica dos individuos que deciden non investir capital ou utilizar o tempo de maneira produtiva debido á carga fiscal que xerarían esas actividades. Hai tamén unha perda de persoas e asesores profesionais que dedican tempo a deseñar comportamentos de evasión fiscal en lugar de a actividades economicamente rendibles.

Arredor do mundo

editar

Os impostos sobre a renda empréganse na maioría dos países do mundo. Os sistemas fiscais varían enormemente e poden ser progresivos, proporcionais ou regresivos dependendo do tipo de imposto. A comparación dos tipos impositivos no mundo é unha empresa difícil e dalgún modo subxectiva, xa que as leis tributarias son extremadamente complexas na maioría dos países e as cargas impositivas funcionan de xeito distinto nos diferentes grupos de cada país e unidade rexional. Por suposto, os servizos proporcionados polos Estados a cambio das tributacións tamén varían, o que fai as comparacións aínda máis complicadas.

Os países que cobran impostos sobre a renda usan polo xeral un destes dous sistemas: territorial ou residencial. No sistema territorial, só se grava o ingreso local (ingreso dunha fonte de dentro do país). No sistema residencial, aos residentes do país grávanselles os ingresos obtidos en  todo o mundo (locais e estranxeiros), mentres que aos non residentes grávanselles só os seus ingresos locais. Ademais, un pequeno número de países, particularmente os Estados Unidos, tamén gravan aos cidadáns non residentes pola súas rendas universais.

Os países cun sistema residencial de gravación normalmente permiten aplicar deducións ou créditos polos impostos que os residentes xa pagaron a outros países polos seus ingresos no estranxeiro. Moitos países tamén asinan tratados bilaterais para eliminar ou reducir a dobre tributación. Os países non empregan necesariamente o mesmo sistema de tributación para as persoas físicas que para as empresas. Por exemplo, Francia emprega un sistema residencial para as persoas físicas e un sistema territorial para as empresas, mentres que Singapur aplica xusto o sistema contrario e Brunei grava os ingresos empresariais pero non os persoais.

  NODES
Done 1
Todos 2