Inclinación orbital

ángulo entre o plano dunha órbita e un plano de referencia

Inclinación orbital e o ángulo (xeralmente medido en graos) que o plano da órbita (plano orbital) P1 dun astro forma cun plano de referencia P2 (para os planetas, isto e a eclíptica). A inclinación orbital é un dos parámetros (dentro de seis) empregados para determinar unha órbita en xeral.

Esquema dos elementos orbitais, P1 representa o plano orbital, P2 o plano de referencia, a inclinación representase coa letra i.

Órbitas

editar

Concepto

editar

Das tres Leis de Kepler pódese empezar a deducir que os movementos orbitais dos planetas móvense dentro dun plano, e foi Newton o que demostrou esta afirmación. En particular, o movemento planetario dentro do plano da órbita dá lugar a que se tome a inclinación do plano orbital con respecto a outro de referencia, a razón de facer isto está xustificada cando se quere estudar un sistema solar no que os planetas posúen diferentes planos orbitais e a priori con diferentes inclinacións. A inclinación orbital e un dos seis parámetros (denominado coa letra i) empregados na determinación das órbitas, nos sistemas solares empregarse como plano de referencia o plano do ecuador ou da eclíptica).

Inclinación orbital no sistema solar

editar

Nos planetas do sistema solar a inclinación orbital i dun planeta defínese como a inclinación do plano da órbita co plano da eclíptica. En calquera caso o plano orbital da terra, por exemplo, e o plano que contén o traxecto da terra no seu movemento de translación ao longo dun ano e como coincide co plano da eclíptica a inclinación orbital da terra é nula por propia definición. Esta inclinación podería terse tomado respecto a outro plano, como por exemplo o ecuador do sol ou incluso tomando como referencia o plano orbital de Xúpiter, pero tomase como referencia a terra dado que e dende ela dende onde se fan de momento a meirande parte das observacións astronómicas. A maioría das órbitas planetarias teñen pequenas inclinacións orbitais en relación tanto unhas con outras como con relación ao ecuador solar. Con todo, existen notábeis excepcións nos planetas ananos coma Plutón e Eris, que posúen inclinacións orbitais con respecto a eclíptica de 17 graos sexaxesimais e 44 graos respectivamente, coma o gran asteroide Pallas, que posúe inclinación de 34 graos. Moitos dos planetas extrasolares existentes noutros sistemas solares posúen altos valores da inclinación orbital. No caso da lúa mídese a inclinación orbital con respecto ao plano da eclíptica.

Inclinación orbital nos satélites artificiais

editar

A inclinación das órbitas nos satélites naturais ou artificiais sempre é medida con respecto ao plano ecuatorial do planeta ou do corpo dende o cal orbitan. O plano ecuatorial e o plano perpendicular ao eixo de rotación do planeta e que pasa polo centro do corpo. Desta forma téñense diferentes clasificacións nestes casos:

  • Unha inclinación de 0º significa que o corpo orbitante atopase orbitando no plano do ecuador do planeta, entendéndose que o satélite xira no mesmo sentido que o planeta;
  • Unha inclinación de 90° indica que o corpo orbitante está no que se chama unha órbita polar, neste caso o obxecto pasa polos polos (norte e sur) do planeta en voltas sucesivas; e
  • Unha inclinación de 180º indica que o obxecto orbitante esta facendo un movemento retrógrado no plano ecuatorial da órbita.

Para obxectos que xiran a distancias distantes do planeta usase como plano de referencia o plano de Laplace que se define como o plano medio que ocupa o satélite na súa órbita perante un ciclo de precesión. Nos casos nos que o eixo de rotación non é coñecido ou se determina dunha forma moi pobre, a inclinación calcúlase con respecto ao plano da eclíptica, ou ás veces (en casos de obxectos que se moven moi amodo) emprégase o plano do espazo.

Cálculo

editar

En astrodinámica, a inclinación   pode ser calculada mediante a fórmula:

 

Onde:

  •   e a compoñente perpendicular ao plano de  ,
  •   e o vector do momento orbital perpendicular ao plano orbital.

Valores para os planetas do sistema solar

editar
Planeta[1] Inclinación
  - Mercurio 7,005°
  - Venus 3,394°
  - Terra 0,000°
  - Marte 1,850°
  - Xúpiter 1,303°
  - Saturno 2,489°
  - Urano 0,773°
  - Neptuno 1,770°

Valores para os planetas ananos do sistema solar

editar
Planeta anano Inclinación
  - Ceres 10,587°
  - Plutón 17,14175°
  - Eris 44,187°
  - Makemake 28,96°
  - Haumea 28,19°
  1. "Anuario del Observatorio Astronómico", Madrid, 1999, pag 151

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2