Un insecticida é un composto químico utilizado para matar insectos.

Un pulverizador de insecticida.
Avión difundido insecticida sobre un cultivo nos Estados Unidos, práctica prohibida na Unión Europea.
ZZ Doricida, insecticida para o escaravello da pataca, distribuído por Zeltia.

A orixe etimolóxica da palabra insecticida deriva do latín e significa literalmente "matar insectos". É, por tanto, un tipo de biocida.

Os insecticidas teñen importancia para o control de pragas de insectos na apicultura, ou para eliminar todos aqueles que afectan a saúde humana e animal.

Os ácaros non son insectos, e poden seren inmunes a algúns insecticidas (elimínanse con produtos específicos, os acaricidas).

Na linguaxe cotiá este termo utilízase para referirse aos produtos que teñen a propiedade de matar insectos e, dunha forma restrinxida, ás suspensións en botes de aerosol, ou como unha crema para aplicación tópica.

Historia

editar

Xa na Antiga Grecia no período helenístico describíase o uso de diferentes produtos para escorrentar as moscas, e as momias eran tratadas con diferentes esencias para protexelas da acción delas. Collían cinzas e as mesturaban con graxa de porco para repeler a estes insectos.

O desenvolvemento da botánica e os descubrimentos de novas plantas para a súa utilización industrial e produtiva nos séculos XVII e XVIII, levou ao descubrimento de propiedades insecticidas en esencias vexetais como o tabaco e o piretro.[1]

Pero non foi até o século XX, co desenvolvemento exponencial da industria de síntese química, cando se comezan a producir e deseñar produtos insecticidas de síntese.

A partir do terceiro terzo do século XX e comezos do século XXI, e debido aos problemas de toxicidade inespecíficos dos insecticidas sintéticos, comezan a desenviolverse produtos menos tóxicos e máis específicos.

Principais familias de insecticidas orgánicos sintéticos, por orde de aparición

editar

Características ideais dun insecticida

editar
  1. Grande especificidade. O produto só afecta ao organismo ao que dana, deixando indemnes ao resto de seres vivos e ao medio ambiente.
  2. Baixa toxicidade en humanos. O produto reviste un risco baixo tanto para sufrir intoxicacións agudas, como a exposicións a baixas dose, e
Baixa toxicidade para o resto da fauna. Contémplase habitualmente a súa toxicidade para a fauna dulciacuícola e a fauna polinizadora (abellas).
  1. Baixa dose letal. O insecticida debe ser efectivo con pouca cantidade.
  2. Baixo custo. O produto ten que ser barato.
  3. De característica latente. O insecticida permanece no lugar durante un período de tempo suficiente como para interactuar e matar á poboación constituínte da praga a combater. Pero,
Non persistente nin acumulábel. Debe degradarse sen producir subprodutos tóxicos, é dicir, non ser persistente nin acumularse nos tecidos dos animais da cadea trófica tras ter actuado.

Obviamente, estas características raramente están presentes nun mesmo produto.

Campos de utilización

editar

Os insecticidas utilízanse nos seguintes ámbitos:

Mecanismos de acción

editar

Os insecticidas poden facer acción sobre un ou sobre diferentes estados de desenvolvemento dos artrópodos, e pódense considerar así como ovicidas, larvicidas e adulticidas se eliminan os ovos, as larvas ou os adultos. A forma máis habitual de funcionamento é mediante a inhibición de enzimas vitais.

Os insecticidas poden chegar até o lugar onde realizan a acción fisiolóxica no insecto por varias vías:

  • Por contacto, ao depositarse o produto sobre o insecto e penetrar a través da cutícula.
  • Por inxestión, a través do tracto dixestivo, ao alimentarse de líquidos ou sólidos que conteñen o produto.
  • Por respiración, desde o aire a través da cutícula ou das traqueas.

Estas vías poden estaren combinadas, é o máis habitual. Así, temos:

  • Insecticidas de inxestión, dentro deles destacan os insecticidas sistémicos.
  • Insecticidas de contacto.
  • Insecticidas combinados de inxestión e contacto.
  • Insecticidas de respiración.

Moitos insecticidas modernos actúan por contacto e por inxestión. Ao seren aplicados nunha planta, penetran até os tecidos condutores, e repártense a través deles por toda a planta. Son os chamados insecticidas sistémicos. Desta forma, aínda que o produto ao aplicarse non alcance toda a planta, non cubra toda a súa superficie ou non caia sobre os parasitos, a planta convértese en velenosa para a praga coman de onde coman.

Os insecticidas non sistémicos matan bloqueando as vías respiratorias ou envelenando.

A acción do insecticida sobre o organismo pode ser a morte a curto ou medio prazo. Ás veces, provoca que deixen de comer ou impiden a metamorfose do insecto, o que a máis longo prazo implica a súa morte.

Efectos secundarios no ser humano

editar

Demostrouse que o contacto estendido do ser humano con insecticidas pode producir indixestión, dores de cabeza, vómitos, manchas na pel e dor nos ollos. Tamén pode ocasionar reaccións alérxicas.

Por substancia tóxica ou veleno enténdese calquera substancia química que produce efectos nocivos cando penetra no organismo humano. O uso abusivo dos insecticidas químicos pode comportar moitas consecuencias negativas que afectan ás persoas. Cando unha persoa entra en contacto cun insecticida, que pode ser nunha ocasión ou en repetidas ocasións, dise que se encontra exposta, e o efecto que poida producirlle dependerá do tempo de exposición, da nocividade do insecticida e da cantidade, así como da forma pla que entra a substancia no organismo.

Insecticidas biolóxicos

editar

Os insecticidas biolóxicos, tamén denominados bioinsecticidas, son produtos de orixe natural ou mesmo organismos vivos que serven tamén para o control de insectos. Diferéncianse dos insecticidas sintéticos pola súa orixe natural, por seren menos agresivos contra o medio ambiente, por non adoitar seren tóxicos para animais superiores e plantas. Tamén adoitan seren máis efectivos, xa que evitan que os insectos desenvolvan resistencia aos mesmos, o que adoita ocorrer cos insecticidas químicos, en especial cando se abusa deles.

  1. Guerrero, C. & Rueda, F. (1997): Los insectos y el hombre. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-86411-34-3.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 2
idea 2
todo 2