Instinto básico

filme de 1992 dirixido por Paul Verhoeven

Instinto básico (en inglés: Basic Instinct) é un filme estadounidense neo-noir[3] e suspense erótico de 1992 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por Joe Eszterhas. Está protagonizado por Michael Douglas e Sharon Stone. Conta a historia dun detective da policía, Nick Curran (Douglas), que investiga o caso do brutal asasinato dunha estrela de rock. Durante a investigación, Curran involúcrase nunha intensa relación coa principal sospeitosa, Catherine Tramell (Stone), unha enigmática escritora.

Instinto básico
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalBasic Instinct
DirectorPaul Verhoeven
ProdutorAlan Marshall
GuiónJoe Eszterhas
Intérpretes
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaJan de Bont
MontaxeFrank J. Urioste
Estudio
Distribuidora
EstreaOs Ánxeles: 18 de marzo de 1992
20 de marzo de 1992
Duración128 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Francia
XéneroNeo-noir e suspense erótico
Orzamento49 millóns de dólares
Recadación352,9 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0103772 Filmaffinity: 621244 Allocine: 7342 Rottentomatoes: m/basic_instinct Mojo: basicinstinct Allmovie: v4149 TCM: 23159 Metacritic: movie/basic-instinct TV.com: movies/basic-instinct Netlix: 286139 Editar o valor en Wikidata

Eszterhas desenvolveu o guión na década de 1980, que se converteu en obxecto dunha guerra de licitacións até que Carolco Pictures adquiriu os dereitos do filme. Dende ese momento, Verhoeven asinou para dirixilo proxecto e despois sumáronse Douglas e Stone, logo de que moitas actrices fosen consideradas para o papel de Tramell. Antes da súa estrea, Instinto básico xerou moita controversia por mor da súa representación gráfica de sexualidade e violencia, incluíndo unha escena de violación. Foi fortemente rexeitada polos activistas dos dereitos LGTB, que criticaron a representación do filme dunha relación homosexual e a descrición dunha muller bisexual como unha psicópata asasina.[4][5] Nunha entrevista de 2006, Stone alegou que a escena na que ela separa as pernas e a súa vulva quedaba exposta foi filmada sen o seu coñecemento.[6]

Personaxes

editar
  1. British Board of Film Classification, ed. (18 de marzo de 1992). "BASIC INSTINCT (18)". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2013. 
  2. Box Office Mojo. Consultado o 22 de outubro de 2011.
  3. Silver, Alain; Ward, Elizabeth; eds. (1992). Film Noir: An Encyclopedic Reference to the American Style (3rd ed.). Woodstock, Nova York: The Overlook Press. ISBN 0-87951-479-5
  4. Leistedt, Samuel J.; Linkowski, Paul (xaneiro de 2014). "Psychopathy and the Cinema: Fact or Fiction?". Journal of Forensic Sciences 59 (1): 167–174. PMID 24329037. doi:10.1111/1556-4029.12359. 
  5. Dr. Randi Fredricks, Ph.D. (ed.). "Dr. Fredricks Cinema Therapy Blog - Narcissistic personality disorder". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 2014-04-18. 
  6. "A Conversation with Sharon Stone" from the Basic Instinct: Ultimate Edition DVD (Lions Gate Home Entertainment, 2006).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1