Ipomea

plantas do xénero Ipomoea
Ipomeas (xénero Ipomoea)

Gloria da mañá (Ipomoea purpurea)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Convolvulaceae
Tribo: Ipomoeeae
Xénero: Ipomoea
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Batatas Choisy
Bonanox Raf.
Calonyction Choisy
Calycantherum Klotzsch
Diatremis Raf.
Dimerodisus Gagnep.
Exogonium Choisy
Mina Cerv.
Parasitipomoea Hayata
Pharbitis Choisy
Quamoclit Mill.
Quamoclit Moench[1]

Unha ipomea[2] é calquera planta pertencente ao xénero Ipomoea, pertencente á familia das convolvuláceas. Comprende 306[3] especies oriúndas de zonas temperadas e cálidas.[4] A maioría delas medra en África e América tropical. Case todas as especies do xénero son rubideiras herbáceas, aínda que existen unhas poucas que son arbustivas ou arborescentes. A pataca doce ou batateira (Ipomoea batatas), unha das especies máis coñecidas do xénero, cultívase dende tempos precolombianos polas súas raíces de grande valor alimenticio.[5] Son moi características polas súas flores en forma de campá. Algunhas especies, como a gloria da mañá (Ipomoea purpurea) téñense asilvestrado en Galicia e son consideradas invasivas.

Descrición

editar

Son herbas perennes, raramente anuais, ás veces atópanse lignificadas na base. Poden ser rizomatosas ou tuberosas, pubescentes ou glabras. Os talos son volúbeis, raramente decumbentes, de sección poligonal ou circular, con látex hialino, raramente de cor branca.

 
Ipomoea carnea.

As follas son enteiras ou lobadas, ás veces moi variábeis no mesmo talo, pecioladas. As inflorescencias son cimas dicasiais e axilares, rara vez con flores solitarias; pedúnculos de lonxitude variábel. Flores pentámeras, curtamente pediceladas, con dúas brácteas opostas ou subopostas, pouco desenvolvidas, que non agochan o cáliz. Cáliz con sépalos ceibes, subiguais, glabros ou pubescentes, herbáceos. Corola infundibulifirme, pregada, con prefloración contorta, con cinco lóbulos pouco profundos, glabra. Estames desiguais, insertos no cuarto inferior do tubo da corola, inclusos ou exertos; filamentos estaminais filiformes, de base pubescente; anteras saxitadas, con ápice retuso, medifixas. Nectario intraestaminal de marxe lisa. Ovario cónico, bilocular, normalmente con dous rudimentos seminais en cada lóculo, cun estilo filiforme, incluso ou exerto, glabro, coa parte basal persistente até a frutificación e rematado en dous ou tres estigmas globosos. Froito en cápsula subglobosa, con paredes coriáceas e dehiscencia valvar ± irregular e con 1-2 semementes por lóculo. Sementes con testa coriácea, lisa ou papilosa, ás veces pubescentes nos ángulos; cotiledóns largos, emarxinados.[6]

Pragas e doenzas

editar
Doenzas
  • Máculas nas follas. Cercospora e tamén Alternaria. Cortar e queimar as follas fazadas.
  • Ferruxe.
  • Puccinia e Coleosporium ipomoeae son as dúas especies de ferruxe que se teñen atopado sobre destas plantas. Arrincar e queimar as primeiras follas que presenten pústulas pardo-avermelladas típicas das ferruxes.
  • Chancro.
  • Son zonas afundidas nos talos e de cor marrón. Débense á infección do fungo Vermicularia ipomoearum. Destruír as pólas atacadas.
Pragas

Distribución e hábitat

editar

Teñen unha ampla distribución en zonas tropicais e subtropicais de todo o mundo, abranguendo ambos os dous hemisferios.[8] Coa chegada dos españois ás Américas, coñecíase a cultura da pataca doce, dende México até Perú; restos arqueolóxicos neste último país datan de 2.000 anos a.C., e aínda antes. Coa chegada de Fernão de Magalhães a Oceanía, en 1521, a pataca doce era cultivada en case todas as illas. Como o termo para designalo en Oceanía ten afinidade co nome "kumura" que se usa no Perú, e como a expansión polinésica é moito máis recente que as culturas americanas nas que se coñecía o cultivo, é de asumir que a pataca doce fose levada das Américae a Oceanía.[9] Na Arxentina medran 52 especies, once das cales son endémicas ou propias.[4]

En Galicia téñense asilvestrado algunhas especies rubideiras a partir de plantas ornamentais. É común ver a Gloria da mañá (Ipomoea purpurea) en valados e aramados de vilas e cidades, coas súas típicas flores a xeito de campás brancas, azuis ou purpúreas.

Importancia económica e cultural

editar

A especie, I. batatas, a pataca doce fornece de hidratos de carbono a numerosa poboación de países tropicais, mentres que as sementes doutras especies, coma I. tricolor, foron utilizadas como alucinóxenos, ao conter derivados do ácido lisérxico.[10] Nas de Ipomoea violacea atópase un alcaloide cuxos efectos alucinóxenos foron frecuentemente utilizados polas culturas orixinarias da América Central. Segundo a súa dose pode provocar alucinacións e estados de empatía.

Ademais moitas delas cultívanse pola beleza das súas flores, e das cales se coñecen diferentes cultivares, que se van introducindo nos países con climas cálidos e temperados de xeito progresivo. Algunhas especies, coma Ipomoea purpurea, escápanse de cultivo comportándose coma invasoras nos hábitats antropizados, xeralmente en áreas moi concretas, coma nas vilas galegas.[8]

Taxonomía

editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 159. 1753.[11] A especie tipo é: Ipomoea pes-tigridis L.

Etimoloxía

Ipomoea: nome xenérico que deriva das palabras gregas: ips, ipos = "verme" e homoios = "semellante", polo hábito volúbel dos seus talos.

Especies

editar

Especies do xénero Ipomoea:

 
Ipomoea indica
 
Ipomoea aquatica
 
Ipomoea cairica
 
Ipomoea quamoclit
 
Ipomoea purga
 
Ipomoea magnusiana
  1. [1] Arquivado 28 de maio de 2010 en Wayback Machine.Ipomoea en GRIN/USDA
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ipomea.
  3. "Ipomoea". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 2019-07-25. 
  4. 4,0 4,1 De Marzi, Valeria, Buenos Aires 2006 [100 Plantas Argentinas] Editorial Albatros, páxina 32.
  5. Betancur, Julio Betancur (1997). Flora del llano (en castelán). Cristina Uribe Ediciones. ISBN 9789589578322. 
  6. Flora Ibérica Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 28/09/09.
  7. Don diego de día, Campanilla morada, Campanillas, Yedra morada Consultado o 07/10/09
  8. 8,0 8,1 Flora Ibérica Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 28/09/09
  9. León, Jorge (1987). Botánica de los cultivos tropicales (en castelán). Bib. Orton IICA / CATIE. ISBN 9789290391326. 
  10. [2] Consultado o 28/0909
  11. "Ipomea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cabrera, Angel. Buenos Aires, 1978. "Manual de la flora de los alrededores de Buenos Aires". Editorial Acme, páxina 503.
  • Dimitri, Fescher, Oliveri. Buenos Aires, 1980. "Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería". Editorial Acme, páxina 902.
  • Mapa de Ipomoea
  NODES
todo 2